Saltar

Como escoller o colchón perfecto para ti

Para durmir mellor, busca a firmeza axeitada, un material confortable e o tamaño perfecto. Proba varios modelos e asegúrate de eles ofreceren un soporte apto para as costas. Encontra o colchón perfecto para ti e descansa coma nunca!       

1. Decide o tipo de material que queres no interior

Colchóns de resortes/resortes ensacados: 

Distribúen o peso e reducen a presión, grazas ás súas bobinas metálicas. Cunha capa extra de espuma ou látex, a comodidade está garantida. Os resortes ensacados veñen envoltos individualmente en fundas e actúan de maneira independente, mentres que os resortes de tipo Bonnell están todos interconectados.

  • Dormes con alguén? Recoméndanse os resortes ensacados antes cós de tipo Bonnell, xa que aseguran a independencia de leitos.
  • Adoitas pasar calor cando dormes? Os colchóns de resortes permiten o aire circular, de maneira que poderás manter unha temperatura axeitada.

Colchóns viscoelásticos/espuma:  adáptanse ao teu corpo como unha luva

Estes colchóns están fabricados con diferentes tipos de escuma que ofrecen un bo soporte que se adapta ao corpo e reduce a presión.

A escuma viscoelástica é densa, elástica e adaptable, e axúdache a relaxarte por completo porque mellora a circulación sanguínea entre os músculos e a pel. A espuma estándar crea unha zona estable para durmir e pode ser moi firme ou branda. 

  • Dormes con alguén? A espuma amortece e absorbe o impacto dos movementos.
  • Adoitas pasar frío cando dormes? Os colchóns de espuma envolven o corpo e adoitan ser máis cálidos cós de resortes.
  • Os colchóns híbridos contan con resortes ensacados entre varias capas de espuma de tipos diferentes para ofrecer un soporte estable que reduce a presión nas zonas axeitadas.

2. Escolle a firmeza do colchón

Persoa sobre un colchón VÅGSTRANDA

Como podes escoller o colchón da firmeza axeitada? A postura na que dormes é un factor moi importante. O peso non te define, pero si que afecta ao soporte. 

Os colchóns firmes ou extrafirmes son os máis adecuados para as persoas que:

  • Dormen de lado e pesan 85 kg ou máis. Por que? Adáptanse aos ombros e aos cadrís, especialmente nas zonas de confort. Consello: combínaos cunha almofada alta.
  • Dormen de costas e pesan 60 kg ou máis. Por que? Evitan que o pescozo e a zona lumbar afundan demasiado no colchón. Consello: combínaos cunha almofada baixa.
  • Dormen boca abaixo e pesan 60 kg ou máis. Por que? Alivian a presión da columna vertebral. Consello: combínaos cunha almofada moi baixa ou non uses almofada.

 

Velaquí todos os colchóns firmes e extrafirmes de resortes

Velaquí todos os colchóns firmes de espuma, viscoelástica e HR

3. E o tamaño? No te preocupes, temos de todo!

Persoa sobre un colchón VALEVÅG

Chamouche a atención algún colchón? Asegúrate de que encaixa coa túa estrutura de cama e corpo. 

Os teus pés non deberían sobresaír por un extremo, e deberías ter espazo abondo para moverte e xirarte con comodidade. 

Estas son as medidas dos nosos colchóns: 

A cama perfecta nun só clic

Xa sabes o que queres? Enviámosche DE BALDE o teu colchón a casa!

Entregámosche de balde o teu colchón a domicilio. *Será gratuíto sempre que o pedido só sexa de colchóns (se engades máis artigos, aplicarase o prezo de envío correspondente).

Consulta os colchóns que entran na promoción aquí

A domicilio a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 0€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.

Máis información

Retirada e reciclaxe de colchóns

Se mercas un novo colchón e contratas o servizo de transporte, encargámonos de reciclar o antigo.

Máis información

Opcións de financiamento

Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

Máis información

365 días para pensalo

Devolve as túas compras nas nosas tendas ou a domicilio

Máis información