Como escoller almofada

Elección de almofada
Escoller a mellor almofada non sempre é fácil, pois entran en xogo moitos factores: firmeza, material, forma, medidas… Lembra que a almofada adecuada inflúe de maneira moi positivo na túa calidade de vida, porque un bo descanso e un sono reparador son imprescindibles para o teu rendemento.
Descubre os materiais das nosas almofadas
En IKEA temos almofadas de materiais naturais e sintéticos. As almofadas de plumas e a penuxe conseguen transportarte á natureza, mentres que as de materiais sintéticos son axeitadas para quen, por exemplo, padece alerxias.
As nosas almofadas cervicais son ergonómicas e están dispoñibles en diferentes formas e tamaños. Axudan a que os teus músculos se relaxen e isto permite que te movas menos mentres dormes e poidas descansar mellor. Deste xeito terás moita máis enerxía cando saias da cama pola mañá.
Sinte o verdadeiro pracer da natureza coas nosas almofadas fabricadas con materiais naturais. As almofadas de pluma e penuxe son moi cómodas e aconchegantes para descansar mellor a cabeza. Son moi resistentes e constitúen un soporte perfecto. Ademais, estes materiais permiten as almofadas transpiraren e absorberen a humidade.
As almofadas viscoelásticas e de escuma proporcionan un soporte axeitado para a cabeza e o pescozo. Ademais, axudan a os músculos relaxárense e isto permite que te movas menos mentres dormes e poidas descansar mellor. As nosas almofadas viscoelásticas son desenfundables, para que as poidas lavar facilmente.
Varias posicións, mesmo efecto
Dormes de costas? De lado? Sexa cal for a postura na que dormes, hai unha almofada ergonómica pensada para que poidas descansar mellor.
Costas
Teñen unha inclinación que ofrece un apoio excelente para a parte superior das costas e do pescozo. A cabeza acomódase perfectamente. Reláxate.
Lado
Nin moi dura nin moi branda, para que poidas apoiar con comodidade a cabeza e o pescozo. Non te deixes enganar pola súa aparencia, con estas almofadas viaxarás ao paraíso mentres dormes.
Boca abaixo
Sentes curiosidade por como sería durmir sobre unha nube? A forma destas almofadas convérteas nunha solución moi cómoda, sexa cal for a postura na que durmas. Non exercen presión sobre a cabeza, o pescozo nin os ombros e, ademais, permítenche durmir placidamente, aínda que te non pares de mover.