Saltar

Como escoller a cómoda ideal

A cómoda perfecta pode ser algo máis ca un lugar práctico e cómodo no que gardar a roupa, os accesorios e os cachifallos. Tamén pode ser un moble rechamante que lle proporcione carácter e estilo ao teu dormitorio. Deseguido, dámosche algunhas ideas sobre en que fixarte ao escoller unha cómoda apropiada para o teu lar.

Un dormitorio co chan azul e as paredes brancas O foco está posto na cómoda RÅDMANSÖ con efecto nogueira, cun espello e obxectos decorativos enriba.

Queres que a almacenaxe pase desapercibida ou prefires que destaque?

Para conseguir un resultado simple, opta por unha cómoda que vaia a xogo en cor e materiais co resto do dormitorio. Para apostar por algo máis atrevido, decántate por unha cómoda que destaque sobre o resto da decoración que xa hai na estancia. Após encontrar o exterior perfecto, acouga un intre e pensa como queres que sexa o interior. Hai moitos organizadores internos diferentes para elixir. Recomendámosche elixir os que se adapten aos teus caixóns e ás túas pertenzas.

Soa ou acompañada?

Os detalles son os que determinan que cómoda queda mellor soa e cal é máis apropiada para agrupar. As que teñen un andel superior ou listóns que sobresaen na parte inferior quedan mellor soas. As que teñen bordos laterais con formas regulares poden colocarse unha ao lado da outra, en función de cantas precises ou cantas caiban no teu espazo. Aínda que teñan alturas ou larguras diferentes, podes combinar varias deste xeito para que caiban en calquera espazo.

Tres cómodas TONSTAD, con seis caixóns, pegadas a unha parede beixe cunha lámpada MODERMOLN e unha planta nun testo KLARBÄR con prato.
Primeiro plano do caixón superior dunha cómoda de madeira, aberto e ordenado con organizadores RAGGISAR no interior.

Céntrate nos detalles importantes

Os tiradores! Moitos caixóns son compatibles con distintos tipos de tiradores ou asas, o que pode darlles un aspecto totalmente distinto. Cambiar os tiradores tamén é a forma máis sinxela de anovar o aspecto dunha cómoda antiga. As unidades de almacenaxe de madeira maciza poden personalizarse ou actualizarse doutro xeito: con pintura! Hai estilos e tamaños para todos os gustos.

Recibidor con cómodas RAST de madeira de piñeiro e colgadoiros RAGGBERG con andel enriba. Unha lámpada de cor vermella intensa e un espello.

Unha muller con pantalóns vaqueiros está axeonllada no chan mentres pinta o lateral dunha cómoda RAST con pintura rosa. O chan está cuberto con papel.
Primeiro plano dun caixón aberto dunha cómoda RAST con calcetíns e outras cousas gardadas dentro. No chan hai unha alfombra RAKLEV.

Planifica anticipadamente para acadar un resultado perfecto

Dá igual o grande ou pequeno que sexa o espazo: seguro que hai unha (ou dúas?) cómodas IKEA que se adaptan á perfección, tanto no largo como no alto. Só tes que comprobar ben as medidas e as posibles obstrucións na parede antes de elixila. Lembra que ten que haber espazo abondo para extraer os caixóns por completo unha vez estea colocada. Outro detalle que cómpre considerar é se prefires que a cómoda teña patas ou que vaia apoiada directamente sobre o chan.

A cómoda de 5 caixóns RÅDMANSÖ en cor nogueira cálida, colocada de pé entre unha planta verde e a xanela dun dormitorio.
Primeiro plano dunha cómoda de 5 caixóns RÅDMANSÖ centrado no tirador de latón e as patas negras de metal. Debaixo o chan está feito de baldosas azuis.

Aproveita a parte superior!

O superpoder de calquera cómoda é, obviamente, a gran capacidade de almacenaxe que ofrecen os caixóns. No entanto, na parte superior hai unha superficie plana agardando a ser o escaparate de todas as pertenzas que queres ter á vista, mentres que o resto está coidadosamente agochado nos caixóns. Este é o lugar ideal para expor as túas pertenzas máis fermosas, como unha lámpada, un floreiro, un cadro, obxectos coleccionables, candeas ou un espello.

Dormitorio con estrutura de cama STJÄRNÖ, papel de parede en beixe e branco, e unha cómoda HAVSTA branca cun espello redondo enriba.
Primeiro plano dunha cómoda HAVSTA cun caixón aberto que deixa ver o ordenado que está o seu interior con caixas.

Anticípate aos accidentes por envorcadura

A seguridade é fundamental durante a creación dos nosos produtos. Porén, ninguén pode predicir todos os posibles escenarios, como que se utilice un caixón aberto como apoio ou que os e as máis pequenas constrúan unha fortaleza con mantas. Ademais, os accidentes sempre ocorren cando non contas con eles. Xa que logo, a mellor maneira de reducir o risco de accidentes provocados por envorcaduras é ancorar o produto á parede. Isto é un gran motivo de sosego.

Un home cun xersei gris está a montar unha cómoda e asegúrase de ancorala á parede para evitar accidentes por envorcadura.