Como elixir o material axeitado para a túa roupa de cama
Ao elixir a roupa de cama, hai que fixarse noutras cousas máis aló da estética. No que respecta ao estilo e a comodidade, cada persoa ten necesidades de seu. Por iso, aspectos como o material e o tecido tamén son importantes. Ademais do algodón, usamos viscosa e lyocell na nosa roupa de cama porque son materiais que presentan vantaxes similares ao algodón e que teñen un tacto suave e sedoso. Tamén usamos poliéster, que non destingue e é fácil de lavar. Aínda non tes claro que material é mellor para ti? A nosa guía axudarate a decidir


- Páxina de información do produto
Os nosos mellores consellos para coidar a roupa de cama
- Cando lavala: recomendamos facelo cada dúas semanas. Se sofres algunha alerxia, tes algún problema de saúde ou dormes con mascotas ou nenos, lávaa máis acotío.
- Temperatura: lávaa a 60 °C para acabar coas bacterias.
- Secado: sécaa de inmediato para previr os fungos e os malos cheiros.
- Dobrado: dóbraa para reducir engúrralas e gardala de xeito eficiente.
- Especificacións do material: no caso da roupa de cama de satén, pasarlle o ferro axuda a conservar o seu aspecto.
Boryana Tsocheva
Enxeñeira de deseño de produtos