Saltar

Cales son os mellores estores para o teu dormitorio?

Os estores para o dormitorio melloran a privacidade e anovan o aspecto do teu espazo. Con eles, tamén te asegurarás de que o teu sono non sexa interrompido pola luz da lúa, polos farois da rúa nin polos raios do sol durante o albor. A continuación, dámosche moitos consellos e ideas para encontrares os mellores estores para ti.

Un sofá cama, usado como cama, diante dunhas fiestras con estores plisados SCHOTTIS e cortinas translúcidas.
Un sofá cama, usado como cama, diante dunhas fiestras con estores plisados SCHOTTIS e cortinas translúcidas.

Durme mellor con estores opacos para o dormitorio.

Durmir ben é importante para a saúde e o benestar. Os estores opacos evitan que a luz exterior te moleste e axúdanche a durmir mellor. Temos moitas opcións para elixir, así que che resultará doado dar co aspecto que buscas. Este estor, por exemplo, ten un estampado "secreto" que só se pode ver desde determinados ángulos.

Velaquí todos os estores opacos
Un estor opaco FÖNSTERBLAD beixe que cobre a metade dunha fiestra. Hai varias plantas debaixo.
Unha persoa de pé canda unha fiestra baixando un estor opaco FÖNSTERBLAD branco no solpor.
Velaquí todos os estores opacos

O control ao alcance da túa man

A comodidade cotiá únese ao luxo de acougar un anaquiño máis na cama. É posible controlar os estores eléctricos cun mando a distancia ou conectarse á aplicación IKEA Home smart para facelo desde o teléfono móbil. Temos estores de moitos tipos. Este é un estor celular que tamén illa a fiestra do calor e do frío.

Velaquí todos os estores motorizados e estores intelixentes
Unha man suxeitando un mando a distancia e usándoo para subir un estor celular opaco TREDANSEN intelixente sen fíos/con pilas.
Un estor celular opaco TREDANSEN intelixente sen fíos/con pilas totalmente baixado para cubrir por completo unha fiestra.
Velaquí todos os estores motorizados e estores intelixentes

Un estor básico sen necesidade de broquear

Este sinxelo estor opaco fíxase facilmente á estrutura da fiestra sen necesidade de facer buratos. Ademais, pódese cortar para adaptalo a diferentes tamaños. Como é un estor plisado, ten un aspecto diferente ao estor tradicional ou celular. Aquí combináronse con cortinas translúcidas que suavizan a luz e danche privacidade durante o día.

Velaquí todos os estores plisados e os estores celulares
Un sofá cama VRETSTORP con roupa de cama ÄNGSLILJA diante dunhas fiestras con estores plisados SCHOTTIS.
Un estor plisado SCHOTTIS de cor gris escuro baixado ata o medio da fiestra, case rozando unha planta que hai debaixo.
Velaquí todos os estores plisados e os estores celulares

Un estor adaptable que queda ben case en calquera sitio

Este estor plisado pódese baixar ou subir por completo, aínda que tamén se pode deixar polo medio para cubrir só unha parte da fiestra. Serve para fiestras de teito inclinables ou xiratorias e pódelo cortar en tamaños máis pequenos. Os soportes péganse ao cristal, polo que son facilísimos de fixar. Se o prefires, tamén os podes aparafusar ás estruturas da fiestra.

Unha lámpada de mesa FADO e un purificador de aire UPPÅTVIND sobre uns armarios debaixo de dúas fiestras con estores plisados HORNVALLMO.
Dous estores plisados HORNVALLMO, un baixado e outro subido, en dúas fiestras nun dormitorio solleiro con moitas plantas.
Un estor plisado HORNVALLMO branco baixado ata o medio dunha fiestra nun cuarto cunha parede azul.
A parte inferior dun estor plisado HORNVALLMO branco case baixado por completo nunha fiestra.
Un estor plisado HORNVALLMO branco cobre a metade dunha fiestra nun dormitorio cun teito inclinado.

Noite de cine? Converte o estor na estrela!

Por que non transformar un dormitorio nun cine cun estor e un proxector de televisión? Podes usar un estor opaco como pantalla e pechar os estores ou cortinas das fiestras para conseguir un ambiente escuro e agradable. Xa só necesitas os flocos de millo para unha experiencia única.

Velaquí todos os estores opacos
Unha persoa diante dun estor opaco TRETUR branco baixado no que se está a proxectar unha película cun proxector de televisión.
Velaquí todos os estores opacos

Desde os estores pregables ata os controlados por mando a distancia.

Na nosa ampla gama encontrarás unha gran variedade de opcións, e non só para o dormitorio. Os estores pregables permítenche filtrar suavemente a luz do sol e, pola súa parte, os estores intelixentes pódense controlar desde a cama, o sofá ou desde calquera outro sitio.

Velaquí todos os estores
Velaquí todos os estores

Cortinas opacas con estores de dormitorio que suavizan a luz

As cortinas opacas permítenche durmir sen que te moleste a luz do exterior. Podes engadir estores translúcidos ou que filtren a luz para ter máis privacidade e evitar os reflexos durante o día. Bótalle unha ollada á nosa gama de cortinas opacas e estores translúcidos e que filtran a luz: témolos en distintas cores e estilos para sempre encontrares un para ti.

Velaquí todas as cortinas opacas
A cabeceira dunha cama ao lado dunha xanela cun estor celular HOPPVALS e cortinas HILLEBORG.
Unha xerra e un floreiro no peitoril dunha fiestra cun estor celular HOPPVALS e cortinas HILLEBORG.
Velaquí todas as cortinas opacas

Máis ideas para mellorar aínda máis o teu dormitorio

Temos moitas outras ideas e consellos para amoblar o dormitorio, durmir mellor e moitas cousas máis.