Saltar

Atopa o sistema de almacenaxe de roupa ideal para ti

Os nosos armarios están dispoñibles nunha gran variedade de estilos, tamaños e configuracións. Explora os nosos sistemas de almacenaxe e atopa o que se adapte ás túas necesidades, o teu espazo e o teu orzamento.

Unha muller e un bebé sentados xunto a unha combinación de armarios PAX/TYSSEDAL branca cun módulo terminal e un módulo central adicionais nun dormitorio tradicional.

Sistema PAX

Soñas cun armario ben organizado no que caiba todo, mesmo os teus pendentes favoritos? Sen esquecer que tamén debe ser acorde co teu estilo. Pois o noso sistema de armarios PAX está aí para ti! Combina armarios PAX de diferentes tamaños para crear un sistema que se adapta á perfección ao teu espazo e garda sen problemas toda a túa roupa.

Completa o seu interior cos innovadores e funcionais organizadores interiores KOMPLEMENT que elixas, que se axustarán ás túas necesidades de roupa, calzado, bufandas, lentes de sol e pendentes. Engade portas, pomos e iluminación ao exterior para crear un armario que sempre admires pola súa forma e a súa función.

Un armario PAX animado, sen portas, que amosa configuracións de almacenaxe versátiles para roupa, calzado, bolsos e accesorios.

Sistema PAX

Soñas cun armario ben organizado no que caiba todo, mesmo os teus pendentes favoritos? Sen esquecer que tamén debe ser acorde co teu estilo. Pois o noso sistema de armarios PAX está aí para ti! Combina armarios PAX de diferentes tamaños para crear un sistema que se adapta á perfección ao teu espazo e garda sen problemas toda a túa roupa.

Completa o seu interior cos innovadores e funcionais organizadores interiores KOMPLEMENT que elixas, que se axustarán ás túas necesidades de roupa, calzado, bufandas, lentes de sol e pendentes. Engade portas, pomos e iluminación ao exterior para crear un armario que sempre admires pola súa forma e a súa función.

Sistema LASTARE

O sistema LASTARE está pensado para o día a día: é sinxelo, práctico e doado de utilizar, e permite esquecer as planificacións complicadas e as decisións interminables. Trátase dunha almacenaxe sinxela que cumpre o seu obxectivo e que encaixa de xeito natural no fogar.

O sistema LASTARE, deseñado para adaptarse a calquera fogar onde as cousas adoitan amontoarse, queda igual de ben en recibidores, salas de estar e dormitorios que en cuartos infantís. É accesible, adáptase e deseñouse para ofrecer unha longa vida útil, e conta con solucións que poden medrar e cambiar segundo as necesidades. Trátase dunha almacenaxe que permite ter a vida organizada sen requirir demasiada atención.

Unha sala de estar cunha combinación de armarios LASTARE xunto a un sofá, plantas de interior e unha alfombra a raias brancas e negras.

Sistema LASTARE

O sistema LASTARE está pensado para o día a día: é sinxelo, práctico e doado de utilizar, e permite esquecer as planificacións complicadas e as decisións interminables. Trátase dunha almacenaxe sinxela que cumpre o seu obxectivo e que encaixa de xeito natural no fogar.

O sistema LASTARE, deseñado para adaptarse a calquera fogar onde as cousas adoitan amontoarse, queda igual de ben en recibidores, salas de estar e dormitorios que en cuartos infantís. É accesible, adáptase e deseñouse para ofrecer unha longa vida útil, e conta con solucións que poden medrar e cambiar segundo as necesidades. Trátase dunha almacenaxe que permite ter a vida organizada sen requirir demasiada atención.

ELVARLI

Gústache darlle un aspecto depurado e minimalista á túa almacenaxe, con espazo para que as túas pertenzas amosen a súa mellor cara? Ou quererías probar unha almacenaxe aberta que sirva tamén como separador de cuartos?

O elegante e resistente sistema de almacenaxe ELVARLI ofrece todo isto e máis. Dende unha gran sala de estar ata un dormitorio acolledor, pasando por un pequeno estudio ou un roupeiro: adáptase con facilidade a todo tipo de espazos. Podes combinar andeis, barras para roupa e caixóns para crear o espazo de almacenaxe axeitado para ti, así como axustar a altura, cun poste que che permite gozar dunha opción de teito a chan.

Un moble de caixóns ELVARLI branco, un estante e postes nun dormitorio luminoso, nos que hai libros e enfeites. Tamén hai un taboleiro perforado ao lado.

ELVARLI

Gústache darlle un aspecto depurado e minimalista á túa almacenaxe, con espazo para que as túas pertenzas amosen a súa mellor cara? Ou quererías probar unha almacenaxe aberta que sirva tamén como separador de cuartos?

O elegante e resistente sistema de almacenaxe ELVARLI ofrece todo isto e máis. Dende unha gran sala de estar ata un dormitorio acolledor, pasando por un pequeno estudio ou un roupeiro: adáptase con facilidade a todo tipo de espazos. Podes combinar andeis, barras para roupa e caixóns para crear o espazo de almacenaxe axeitado para ti, así como axustar a altura, cun poste que che permite gozar dunha opción de teito a chan.

Sistema JONAXEL

Se procuras unha solución de almacenaxe sinxela, flexible e superaccesible para organizar os diferentes tipos de cousas que hai polo teu fogar, o sistema JONAXEL acepta o reto. Trátase dun sistema modular ao que lle encantan as zonas que presentan máis complicacións, como o espazo baixo as escaleiras ou os recantos pequenos: só tes que combinar as estruturas e os accesorios que precises para obter unha solución personalizada.

E, como é un sistema aberto, terás todo á vista e poderás acceder con facilidade. Dende armarios de dormitorio e andeis de baño ata almacenaxe para o recibidor e o lavadoiro, o sistema JONAXEL adáptase de xeito sinxelo a calquera lugar onde o precises, con prezos accesibles.

Un sistema JONAXEL ben organizado con chaquetas penduradas dunha barra e andeis e caixóns organizados á perfección.

Sistema JONAXEL

Se procuras unha solución de almacenaxe sinxela, flexible e superaccesible para organizar os diferentes tipos de cousas que hai polo teu fogar, o sistema JONAXEL acepta o reto. Trátase dun sistema modular ao que lle encantan as zonas que presentan máis complicacións, como o espazo baixo as escaleiras ou os recantos pequenos: só tes que combinar as estruturas e os accesorios que precises para obter unha solución personalizada.

E, como é un sistema aberto, terás todo á vista e poderás acceder con facilidade. Dende armarios de dormitorio e andeis de baño ata almacenaxe para o recibidor e o lavadoiro, o sistema JONAXEL adáptase de xeito sinxelo a calquera lugar onde o precises, con prezos accesibles.

Sistema BOAXEL

Tanto se queres un roupeiro para o teu dormitorio como se procuras un organizador para o lavadoiro ou un espazo de almacenaxe para o teu equipo de exterior no recibidor, o sistema BOAXEL pode con todo iso e máis. Componse de almacenaxe aberta montada na parede, como barras, andeis e caixóns de reixa, e ofrece moitas opcións intercambiables para adaptarse a todo tipo de espazos e mesmo para instalalo no interior dun armario que xa teñas.

Completa o teu sistema con accesorios para organizar cousas como roupa mollada, calzado e abrigos, como unha barra axustable para a roupa, un andel zapateiro e un tendal. Engade o toque final cun xogo de portas SKYTTA, que che axudarán a transformar un recanto solitario ou un espazo que pasaras por alto nun elegante roupeiro.

Un roupeiro que se pode ver dende un dormitorio, cun sistema BOAXEL organizado con caixas, roupa e maletas na parte inferior.

Sistema BOAXEL

Tanto se queres un roupeiro para o teu dormitorio como se procuras un organizador para o lavadoiro ou un espazo de almacenaxe para o teu equipo de exterior no recibidor, o sistema BOAXEL pode con todo iso e máis. Componse de almacenaxe aberta montada na parede, como barras, andeis e caixóns de reixa, e ofrece moitas opcións intercambiables para adaptarse a todo tipo de espazos e mesmo para instalalo no interior dun armario que xa teñas.

Completa o teu sistema con accesorios para organizar cousas como roupa mollada, calzado e abrigos, como unha barra axustable para a roupa, un andel zapateiro e un tendal. Engade o toque final cun xogo de portas SKYTTA, que che axudarán a transformar un recanto solitario ou un espazo que pasaras por alto nun elegante roupeiro.

Sistema PLATSA

Non é esaxerado afirmar que o sistema PLATSA é unha das mellores opcións para acabar cos problemas, sobre todo se falamos de instalar almacenaxe en espazos do fogar que presentan complicacións, como teitos inclinados. Ofrece unha ampla variedade de estruturas modulares con moitas funcións diferentes, como armarios con barras para pendurar roupa, caixóns e estantes e armarios abertos e pechados, o que che permite crear o sistema de almacenaxe axeitado para o teu espazo.

Aquí, no tocante á almacenaxe das cousas, tamén pensamos no estilo. Iso significa que atoparás estruturas en diferentes cores, portas con acabados variados e pomos e tiradores con formas de todo tipo. Elixe os que reflictan a túa personalidade no cuarto. Ademais, o sistema PLATSA ten outro punto positivo. É doado de montar e desmontar, polo que cambiar de fogar é moito máis sinxelo, aínda que o fagas con asiduidade.

Un sistema PLATSA colocado nun espazo con teito inclinado, sobre o que hai plantas en testos e accesorios.