Como organizar o interior do teu armario en 5 pasos sinxelos
Estás considerando facerte cun armario novo? Ou queres tirarlle máis proveito ao que xa tes? Presta atención aos nosos cinco mellores consellos para organizar o armario, que che permitirán elixir sempre o conxunto perfecto. Ou, cando menos, non tardarás tanto en decatarte de que non tes nada para poñer.


1. O tamaño importa
Se estás a considerar cambiar o armario, primeiro tes que valorar cantas cousas tes pensado gardar e dividir as túas pertenzas en categorías. As necesidades de almacenaxe da roupa, os artigos para o exterior, os zapatos ou os accesorios son diferentes, así que isto axudarache a decidir que tipo e tamaño de armario escoller.

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto
2. Escolle caixas que caiban á perfección
Hai moitas caixas de almacenaxe diferentes para organizar o interior do teu armario. Teñen diferentes tamaños moi prácticos, polo que poderás escoller as que se adapten mellor aos distintos espazos.

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto
3. Maximiza o espazo con almacenaxe colgante
Pendura algunhas cousas para aproveitar ao máximo o espazo. Queres conseguir un aspecto organizado nun instante? Só tes que combinar todas as túas perchas. Tamén podes probar con organizadores de almacenaxe colgantes, que axudan a aproveitar o espazo de xeito máis flexible e son especialmente útiles para as cousas que prefiras ter encartadas, como as prendas de punto.

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto

- Páxina de información do produto