Saltar

Un dormitorio sostible e atemporal

Os mobles de deseño en cores clásicas axudan a manter o espazo organizado e adáptanse a medida que o teu estilo evoluciona. Así, cando cambies o estilo do teu cuarto, non terás que cambiar os mobles. Mellor para a túa carteira e para o planeta.

Un cuarto asollado cunha combinación de armario PAX/REINSVOLL xunto a unha cama IDANÄS cuberta cunha mestura de roupa de cama floral e lisa.
Un cuarto asollado cunha combinación de armario PAX/REINSVOLL xunto a unha cama IDANÄS cuberta cunha mestura de roupa de cama floral e lisa.

Un armario para manter a orde

Con este sistema de armarios flexibles e espazosos resultarache moi doado manter todas as túas cousas en orde e á man. Combínao con accesorios para personalizar o interior e crear un sistema de almacenaxe completo que se adapte ao teu espazo e ás túas necesidades.

Velaquí o sistema PAX
Unha combinación de armario PAX/REINSVOLL beixe xunto a unha ventá con iluminación de armario YTBERG branca na parte superior.
Velaquí o sistema PAX

Todo iluminado

Ten unha visión máis clara de todo o que tes no armario con esta combinación de iluminación integrada e de armario. Está dispoñible nunha elegante cor branca para que combine fermosamente co teu armario. Se non queres ter á vista as túas pezas fóra de tempada, ocúltaas en caixas de almacenaxe nos estantes.

Velaquí toda a iluminación para armarios PAX
Unha combinación de armarios PAX/REINSVOLL beixe coas portas abertas. Dentro, colgadoiros e estantes con caixas e roupa.
Velaquí toda a iluminación para armarios PAX

Espazo para almacenar e durmir

Coa súa tapicería suave e a súa cabeceira inclinada, achégalle calma, comodidade e estilo ao teu cuarto. Os caixóns de almacenaxe debaixo da cama son ideais para a almacenaxe diaria e axúdante a manter o espazo organizado e ordenado.

Velaquí todas as camas con almacenaxe
Unha cama IDANÄS tapizada en gris cuberta con roupa de cama floral e lisa. Dentro dos caixóns de almacenaxe abertos hai téxtiles dobrados.
Velaquí todas as camas con almacenaxe

Unha cama con estilo

Proba a mesturar a roupa de cama para transformar o aspecto e a sensación do teu cuarto. Combina cores neutras con patróns gráficos e téxtiles para creares un efecto fermoso e tranquilo. Toda a nosa roupa de cama está feita con algodón de orixe sostible deseñado para manter a humidade lonxe da túa pel, polo que, ademais, tamén te sentirás ben.

Velaquí toda a roupa de cama
Parte superior dunha cama cuberta cunha mestura de téxtiles de cama ÄNGSLILJA e VÅRBRÄCKA en cores neutras e un coxín SKUGGNÄVA.
Velaquí toda a roupa de cama

Un sopro de aire fresco

Este purificador de aire queda ben en calquera cuarto. É parte da nosa gama para fogares intelixentes, e podes programalo coa aplicación IKEA Home smart para mellorar a calidade do aire no teu cuarto antes de deitarte. Combínao cunha selección de plantas e crea un exuberante oasis verde para unha sensación tranquila e relaxante.

Velaquí todos os purificadores e filtros
Purificador de aire STARKVIND na esquina dun cuarto asollado enriba dunha alfombra gris, xunto a un espello e unha planta verde.
Velaquí todos os purificadores e filtros