Saltar

Un dormitorio compacto para dúas persoas cun espazo para escoitar música e facer tarefas cotiás

Cres que "compacto" é sinónimo de "aburrido"? Pois non é así. Este dormitorio ofrece espazo para a música, para relaxarse e para realizar as tarefas do día a día, sen que por iso reine o caos. A almacenaxe aberta permíteche presumir dos teus obxectos favoritos, mentres que o mobiliario lixeiro fai que sexa doado cambiar a distribución; pola súa parte, os tecidos suaves achegan calidez e evitan que o espazo se vexa sobrecargado. O importante non é ter máis cousas, senón tirarlles o máximo partido ás que xa tes.
Un dormitorio con andeis de parede, un escritorio e unha cadeira azul, e dúas cómodas KRONÖREN de piñeiro baixo os andeis.

A roupa é o novo papel de parede

O armario aberto KRONÖREN consegue que a roupa gañe o seu posto como parte da decoración. No canto de utilizar cadros ou papel de parede, tes a opción de realzar as paredes coas túas pezas preferidas, que podes ir modificando conforme cambien as tempadas (ou cando toque facer a bogada). É un estilo en constante rotación co que non terás que preocuparte por como distribuír os cadros na parede. Ademais, os materiais naturais fan que a imaxe sexa acolledora e estea equilibrada. E os ganchos? Son idóneos para esas cousas que parece que nunca quedan no seu sitio (e si, referímonos a vós, auriculares).

Esta cama garda secretos

Por moito que un dormitorio sexa pequeno, non quere dicir que a comodidade sexa inferior. Esta cama presenta un deseño de liñas limpas que se ve ben dende todos os lados e que o converte no centro de todas as miradas; ademais, non interfire co resto do cuarto. A estrutura de cama VIHALS con dúas caixas de almacenaxe tamén funciona como solución de almacenaxe. As almofadas e a roupa de cama de sobra, así como a morea de cousas que apenas se usan, poden descansar baixo ela sen problema. Esta é a mellor demostración de que unha cama pode cumprir varios propósitos e, aínda así, deixarte espazo para que estires as pernas.

Presume do que hai que presumir

Co sistema BOAXEL, os estantes son algo máis que simple almacenaxe: son o lugar que ocupan os obxectos que lle dan vida a un espazo. Todos estes artigos contribúen á historia do cuarto, tanto se os amontoas uns enriba dos outros como se apostas por un estilo máis irreverente. Debaixo, a cómoda de dous caixóns KRONÖREN de piñeiro encárgase da desorde diaria. Deseñouse cun material natural que proporciona calidez e textura, e esvaece as liñas limpas da zona de estudo para que non semelle tanto un espazo de traballo e estea máis integrada no fogar. O resultado? Unha combinación de orde e personalidade que fai que se note que mesmo unha esquina compacta se tivo en conta.

Un carriño que arrastra o seu peso (e o teu)

Algo agochado entre a cama e unha zona de estudo, o carriño INVALLNING fai bo uso dun espazo que adoita estar desaproveitado. Así, teralo preto para coller o que precises, pero seguirá a ser discreto para que non estorbe cando non che faga falla. Máis que un carriño, é un compañeiro para a vida en espazos compactos que se encarga dos obxectos máis pesados, como libros, carpetas e caixas, para que sempre estean ao alcance da man sen ocupar espazo no chan. E, cando chegue o momento de cambiar un pouco a distribución ou de mudarse, moverase a onde ti queiras con todos eses obxectos enriba.
Un carriño INVALLNING con moreas de libros no chan do dormitorio, xunto a unha cama, unha cadeira de brazos, unha fiestra e un radiador.

Un carriño que arrastra o seu peso (e o teu)

Algo agochado entre a cama e unha zona de estudo, o carriño INVALLNING fai bo uso dun espazo que adoita estar desaproveitado. Así, teralo preto para coller o que precises, pero seguirá a ser discreto para que non estorbe cando non che faga falla. Máis que un carriño, é un compañeiro para a vida en espazos compactos que se encarga dos obxectos máis pesados, como libros, carpetas e caixas, para que sempre estean ao alcance da man sen ocupar espazo no chan. E, cando chegue o momento de cambiar un pouco a distribución ou de mudarse, moverase a onde ti queiras con todos eses obxectos enriba.

Un recanto cargado de harmonía

Os dormitorios serven para algo máis que para durmir. En concreto, este ten un recuncho musical que non lles quita espazo ás cousas máis indispensables. A cadeira de brazos xiratoria DYVLINGE ofréceche un lugar cómodo no que sentar para escoitar música a altas horas da noite e, ao mesmo tempo, ter todo controlado para que o cuarto non se sature. Combínaa cunha caixa con rodas VESSLA para que a túa colección de vinilos estea sempre ordenada e poida moverse con facilidade. Deste xeito, poderás pasar de DJ do dormitorio a prepararte para durmir en cuestión de segundos, e todo sen axuda.

Para os libros que estás a ler... e os que finxes ler

A mesa de noite KRONÖREN de piñeiro macizo pode semellar pequena, pero cumpre o seu propósito de sobra. O caixón traga toda a desorde que xorde a última hora do día (si, mesmo os obxectos misteriosos que conviría esquecer); tamén podes colocar libros no andel para que pareza que os estás a ler, e non que están abandonados. E o piñeiro? Achega a calidez necesaria para que o cuarto non semelle unha fría estancia de hotel de estrada.