Saltar

Un dormitorio compacto e relaxante con almacenaxe para dúas persoas

Este dormitorio compacto demostra que ata os espazos reducidos poden crear un grande impacto. Os materiais naturais e as capas de tecidos suavizan o deseño, mentres que a parede negra detrás da cama achega definición e un toque de dramatismo. A almacenaxe está reservada aos espazos onde se necesita, o que permite manter organizados os artigos esenciais do día a día e despexar o chan para que poidas moverte polo cuarto con facilidade, sen preocuparte polas moreas de cousas. Todo parece cumprir un propósito, dende a paleta de cores ata a disposición dos mobles, para que o cuarto dea unha imaxe de relax por moi caóticas que sexan as nosas vidas.

Combinación de armarios LASTARE en branco coa porta entreaberta; no seu interior, pode verse roupa pendurada xunto a unha cama nun dormitorio moderno.

Tranquilidade exterior, acción interior

A combinación de armarios LASTARE está deseñada para facerlles fronte á roupa, os edredóns de reposto e as pezas de tempada que agardan a súa ocasión. Por fóra, todo son liñas limpas e unha expresión tranquila; dentro, atopamos un fervedoiro de actividade organizada. Este tipo de almacenaxe pechada é perfecta para os dormitorios, onde manter as cousas apartadas da vista axuda a desconectar con maior facilidade.

Un armario para gardar roupa de cama que parece outra cousa

Non todos os fogares poden permitirse o luxo de ter un armario específico para a roupa de cama. A cómoda LASTARE é unha substituta moi práctica nestes casos, xa que ofrece moito espazo para gardar a roupa de cama e as toallas. Axuda a que os artigos esenciais estean ao alcance da man, así como a telos debidamente dobrados e gardados, sen ocupar un oco que se podería empregar para outras cousas. E, como se pode utilizar de maneira independente, a parte superior é moi útil para colocar a túa lámpada favorita, unha morea de libros ou os pequenos obxectos dos que queres presumir.

Unha cama que acapara todos os focos

Unha cama non é só para durmir: é o núcleo do cuarto. A funda nórdica ÄNGSLILJA en algodón lavado dálle un aspecto suave e acolledor á cama, mentres que os coxíns estampados serven de contraste e fan que combine coa parede negra. É unha forma sinxela de facer que o moble máis importante luza como debe facelo.

A fiestra que traballa horas extra

Ao instalar as fiestras como é debido, todo o cuarto parece máis completo. As cortinas ROSENROBINIA achegan altura e suavidade, mentres que o estor opaco FRIDANS impide que a luz entre polas mañás, cando durmir é máis importante que ver o amencer. Ao combinalos, ofrécenche flexibilidade e un dormitorio tranquilo a calquera hora.

Cortinas ROSENROBINIA en branco penduradas xunto a unha cama, unha parede escura e unha lámpada de noite nun dormitorio lixeiramente iluminado.

A fiestra que traballa horas extra

Ao instalar as fiestras como é debido, todo o cuarto parece máis completo. As cortinas ROSENROBINIA achegan altura e suavidade, mentres que o estor opaco FRIDANS impide que a luz entre polas mañás, cando durmir é máis importante que ver o amencer. Ao combinalos, ofrécenche flexibilidade e un dormitorio tranquilo a calquera hora.

Unha axudante que se move contigo

Por que limitarse a unha soa función cando os mobles son máis versátiles? A mesa de noite HATTÅSEN é compacta dabondo para colocala xunto á cama e lixeira dabondo para levala á sala de estar e usala como mesa de centro. As asas fan que sexa moi fácil movela, o que proporciona flexibilidade e non contribúe á desorde. 

Unha mesa de noite HATTÅSEN en branco con caixón e un andel, sobre a que hai libros e un vaso, xunto a unha cama nun dormitorio de tons escuros.