Saltar

Un cuarto harmonioso que compartir co teu bebé e que reflicta quen es

E así é como un amasillo de ledicia apareceu na túa vida e a cambiou por completo. Iso non quere dicir que, ao ter un bebé, ese dormitorio cunha decoración superadorable vaia ser o caos absoluto. Contamos con moitas ideas de almacenaxe intelixente que che axudarán a enfrontarte a parte da tolemia e a que sigas a vir o dormitorio como un lugar de retiro sen renunciar ao teu estilo. O resultado? As necesidades da persoíña que acaba de nacer serán atendidas sen problemas nun cuarto cargado de personalidade.
Unha muller e un bebé sentados xunto a unha combinación de armario PAX/TYSSEDAL cun módulo terminal e un módulo central adicionais nun dormitorio tradicional.

Tras as portas do armario...

...reina a orde! As barras, os caixóns e os andeis farán todo o posible para organizar a roupa; así, o armario converterase nun gran tesouro cheo de conxuntos aos que é doado acceder. O módulo terminal adicional PAX ofrece almacenaxe aberta para que todo resulte aínda máis práctico, e é ideal para pendurar prendas do día a día ou roupa que precise airearse antes de gardala. Unha vez que acabes coa desorde, un módulo central adicional PAX pode lograr que os teus artigos preferidos se convertan en parte da decoración.

Tras as portas do armario...

...reina a orde! As barras, os caixóns e os andeis farán todo o posible para organizar a roupa á perfección; así, o armario converterase nun gran tesouro cheo de roupa á que é doado acceder. Coloca preto un colgadoiro con zapateiro ÄLGANÄS para que todo sexa aínda máis cómodo; é ideal para organizar as pezas que pos a diario e a roupa que precisa airearse un pouco antes de volver gardala no armario.

Goza de comodidade nun instante!

Déixate envolver pola comodidade dunha cama tapizada RAMNEFJÄLL. Conta cunha funda extraíble que se pode lavar á máquina, polo que non só está preparada para enfrontarse a calquera accidente que ocasione un bebé, senón que tamén pode recuperar o seu aspecto impoluto nun santiamén. Non sabes por que funda nórdica decantarte? Utiliza as dúas! Ao colocalas nun edredón, a funda nórdica SCHERSMIN farache sentir como nas nubes e a funda nórdica SOLFIBBLA achegará un toque vintage. Ademais, as dúas ofrecen un aspecto rústico á cama sen que quede moi recargada.

Maximiza a almacenaxe

Acabas de ter un bebé? E contas cos accesorios necesarios? Oculta o que non precises para controlar a desorde e lograr que haxa espazo para as cousas do bebé. O faldrón (si, é un concepto) da cama RAMNEFJÄLL crea un escondedoiro baixo a súa superficie e axuda a que se respire tranquilidade. Combínao coas nosas caixas de almacenaxe, deseñadas para encaixar debaixo da cama para que poidas tirarlle o máximo proveito a cada recanto. Se o caos deixa de ser un problema, o teu bebé e ti teredes máis espazo para descansar.
Lateral dunha cama RAMNEFJÄLL, sobre a que hai unha manta e una caixa HEMMAFIXARE. Baixo a cama, hai outra caixa.

Maximiza a almacenaxe

Acabas de ter un bebé? E contas cos accesorios necesarios? Oculta o que non precises para controlar a desorde e lograr que haxa espazo para as cousas do bebé. O faldrón (si, é un concepto) da cama RAMNEFJÄLL crea un escondedoiro baixo a súa superficie e axuda a que se respire tranquilidade. Combínao coas nosas caixas de almacenaxe, deseñadas para encaixar debaixo da cama para que poidas tirarlle o máximo proveito a cada recanto. Se o caos deixa de ser un problema, o teu bebé e ti teredes máis espazo para descansar.

Unha compañeira artesanal para a cama

Esta mesa de noite BLÄSTÅSEN, inspirada no estilo shaker, chegou para ser a nova mellor amiga da túa cama. Elaborada a partir de madeira maciza e con detalles rústicos, desenvolverá unha pátina única co paso do tempo. Ofrece moito espazo de almacenaxe: ten un andel na parte inferior, así como un caixón con organización de cables, que vén moi ben para ter controladas as necesidades que xorden ao deitarse. Combínaa coa colección para dormitorio HAVSTA e consigue unha decoración que combine e que se pode modificar sen problemas con tecidos e accesorios.
Unha mesa de noite BLÄSTÅSEN xunto a unha cama RAMNEFJÄLL; sobre ela, hai uns altofalantes bluetooth SOLSKYDD, e no seu andel inferior hai libros.

Unha compañeira artesanal para a cama

Esta mesa de noite BLÄSTÅSEN, inspirada no estilo shaker, chegou para ser a nova mellor amiga da túa cama. Elaborada a partir de madeira maciza e con detalles rústicos, desenvolverá unha pátina única co paso do tempo. Ofrece moito espazo de almacenaxe: ten un andel na parte inferior, así como un caixón con organización de cables, que vén moi ben para ter controladas as necesidades que xorden ao deitarse. Combínaa coa colección para dormitorio HAVSTA e consigue unha decoración que combine e que se pode modificar sen problemas con tecidos e accesorios.

Ás veces, a única axuda posible é unha cómoda.

Presentámosche a cómoda HAVSTA de madeira maciza, con tres caixóns con moito espazo. Dá igual se queres gardar calcetíns, xerseis ou mantas: con ela gozarás de almacenaxe versátil e un toque desenfadado. Recruta caixas de almacenaxe pequenas para organizar as cousas de menor tamaño. Un dos superpoderes de certas caixas, como SKUBB, é que se deseñaron para adaptarse aos nosos caixóns, polo que poderás encaixalas neles e aproveitar ata o último recanto de espazo dispoñible.
Unha cómoda HAVSTA co caixón central aberto; no seu interior, pódese ver roupa dobrada en caixas SKUBB. Sobre ela, hai unha caixa SKUBB branca.

Ás veces, a única axuda posible é unha cómoda.

Presentámosche a cómoda HAVSTA de madeira maciza, con tres caixóns con moito espazo. Dá igual se queres gardar calcetíns, xerseis ou mantas: con ela gozarás de almacenaxe versátil e un toque desenfadado. Recruta caixas de almacenaxe pequenas para organizar as cousas de menor tamaño. Un dos superpoderes de certas caixas, como SKUBB, é que se deseñaron para adaptarse aos nosos caixóns, polo que poderás encaixalas neles e aproveitar ata o último recanto de espazo dispoñible.

Dedica algo de tempo (e espazo) para ti

Agora que xa ordenamos o teu dormitorio, é hora de tomar un descanso. E onde mellor que nun recanto particular? Crea un para ti coa cadeira de brazos ISMANTORP, un ou dous coxíns, e un puf ÅTERLÖGA para gozar dunha maior comodidade e de almacenaxe intelixente. Coloca unha lámpada de parede xunto á cadeira de brazos para que se respire tranquilidade e o espazo estea algo máis iluminado, e terás un pequeno refuxio ao que acudir cando poidas dedicarte 15 minutos mentres o bebé bota unha soneca.
Unha cadeira de brazos ISMANTORP gris-beixe na esquina dun cuarto, cun puf ÅTERLÖGA azul con almacenaxe na parte central, sobre a que descansa un libro.

Dedica algo de tempo (e espazo) para ti

Agora que xa ordenamos o teu dormitorio, é hora de tomar un descanso. E onde mellor que nun recanto particular? Crea un para ti coa cadeira de brazos ISMANTORP, un ou dous coxíns, e un puf ÅTERLÖGA para gozar dunha maior comodidade e de almacenaxe intelixente. Coloca unha lámpada de parede xunto á cadeira de brazos para que se respire tranquilidade e o espazo estea algo máis iluminado, e terás un pequeno refuxio ao que acudir cando poidas dedicarte 15 minutos mentres o bebé bota unha soneca.

Tranquilidade durante a noite

Ao espertar pola noite para atender o teu bebé, a iluminación móbil pode axudarche a facelo con total facilidade. A lámpada LED portátil TVÅMASTAD ten un vidro esmerilado que desprende unha luz tenue, o que achega unha sensación de tranquilidade e case non molesta a quen quede durmindo. Funciona con pilas e pode moverse para colocala onde máis a precises, sexa cando sexa; deste xeito, todas as persoas poderán volver durmir sen apenas interrupcións.