Saltar

Despexado, organizado e con estilo

Este pequeno dormitorio demostra que podes telo todo, incluso cun espazo limitado. Cunha cama multiúsos, un práctico sistema de almacenaxe e un roupeiro que aforra espazo, poderás ter un dormitorio tranquilo, ordenado e bonito.

Cama branca cunha cabeceira, unha funda nórdica e fundas de almofada cun estampado marrón, unha manta gris e coxíns en branco, gris e beixe.
Cama branca cunha cabeceira, unha funda nórdica e fundas de almofada cun estampado marrón, unha manta gris e coxíns en branco, gris e beixe.

Cama, mesa de noite e almacenaxe, todo nun

Esta cómoda cama ten andeis na cabeceira para deixar enriba o libro que esteas a ler. Os caixóns que hai debaixo permítenche sacar o máximo partido do espazo e son perfectos para gardar mantas e roupa doutras tempadas.

Velaquí todas as camas con almacenaxe
Estrutura de cama branca con cabeceira e espazo de almacenaxe debaixo onde se gardan mantas dobradas e unha bolsa de almacenaxe branca.
Velaquí todas as camas con almacenaxe

Doces soños de chocolate

Un segredo para mesturar e combinar téxtiles? Mestura estampados e texturas da mesma paleta de cores. Aquí, utilizamos diferentes estilos de mantas e fundas de coxín sen saír dos tons beixes e marróns.

Velaquí todos os téxtiles
Cama branca cunha cabeceira, unha funda nórdica e fundas de almofada cun estampado marrón, unha manta gris e coxíns en branco, gris e beixe.
Velaquí todos os téxtiles

Organización sinxela da roupa

Cando todo está no seu lugar e a roupa está fóra da vista, podes durmir mellor pola noite. Coa axuda deste armario e esta cómoda, poderás organizar as túas pezas. Escoller mobles do mesmo estilo consegue un aspecto conxuntado e achega tranquilidade á habitación.

Velaquí a serie BRIMNES
Un armario aberto branco con iluminación integrada e roupa e pantalóns en perchas, unha cómoda branca e unha planta.
Velaquí a serie BRIMNES

Roupa con gancho

Para tirar o máximo partido de calquera recuncho, crea un espazo para as túas pezas e accesorios co estante PLATSA aberto. Complétao cunha barra para roupa MULIG, onde podes colgar a roupa que queiras pór de novo. Reutilizar e ventilar a roupa, no canto de lavala cada vez que a pos, fai que dure máis e permite aforrar auga e enerxía.

Velaquí o sistema PLATSA
Unha guía enriba de varios estantes abertos con xerseis, camisetas e unha gravata colgados dela. Nos estantes hai sombreiros.
Velaquí o sistema PLATSA

Se as paredes falasen, dirían: Vaia pinta!

Crea unha zona de roupeiro sen ocupar espazo no chan. Un espello, unha lámpada de parede e unha estrutura de parede con estantes para os produtos de coidado persoal axúdante a prepararte ao instante. Os ganchos doados de colocar son perfectos para pendurar reloxos e a camisa do día seguinte.

Unha parede cun espello, unha lámpada de parede e unha estrutura de parede en gris antracita con baldas con artigos de aseo, reloxos e unha camisa pendurada.

Para mostrar e gardar as túas cousas

Destaca as túas cousas favoritas cun elegante estante aberto. Tamén poderás gardar obxectos que non sexan tan elegantes, como calcetíns, cables e aparellos, en caixas de almacenaxe que encaixen á perfección nos estantes.

Velaquí todas as estruturas PLATSA
Un estante aberto branco con libros, un vaso, un altofalante, un taboleiro perforado, fotos e caixas, e unha gran lámpada de pé.
Velaquí todas as estruturas PLATSA