Saltar

Pais e fillos nun dormitorio tradicional compartido

Dámosche a benvida a un dormitorio encantador deseñado para compartir cos máis pequenos. Trátase dun refuxio alegre para toda a familia, onde as cores brillantes e os motivos rechamantes contrastan cun fondo de mobles tradicionais. Velaquí a zona dos pais. Na parte de abaixo da páxina atoparás a ligazón coa parte dedicada aos nenos.

Unha cama IDANÄS branca con roupa de cama LÖNNHÖSTMAL preto dunha cómoda de 4 caixóns IDANÄ en fronte dunha fiestra.
Unha cama IDANÄS branca con roupa de cama LÖNNHÖSTMAL preto dunha cómoda de 4 caixóns IDANÄ en fronte dunha fiestra.

Amplo, colorido e transgresor

Para crear unha atmosfera luminosa e diáfana, engade roupa de cama colorida en contraste con mobles brancos. Os mobles teñen un estilo atemporal, pero a roupa de cama e a funda do coxín son máis modernos. Trátase dunha combinación transgresora e atractiva. Ademais, o atrevido estampado de raias axuda a conectar esta zona coa parte dos cativos.

Velaquí a serie IDANÄS
Unha cama IDANÄS branca con roupa de cama LÖNNHÖSTMAL á beira dunha mesa de noite IDANÄS branca en fronte dunha fiestra.
Un purificador de aire UPPÅTVIND á beira dunha lámpada de sobremesa VINDKAST branca e un cadro sobre unha cómoda de 4 caixóns IDANÄS.
Velaquí a serie IDANÄS

Crea o marco dun bo descanso

Unha cama cómoda, roupa de cama suave, un purificador de aire para respirar aire limpo durante toda a noite… e un estor que bloquee a luz para durmir sen interrupcións. Baixa o estor para crear un ambiente de descanso que invite a durmir placidamente durante toda a noite.

Velaquí todos os estores opacos
Unha cama IDANÄS branca con roupa de cama LÖNNHÖSTMAL en fronte dunha fiestra cun estor opaco enrolable FÖNSTERBLAD.
Velaquí todos os estores opacos

Controla a luz e o ambiente

Velaquí as cortinas, os estores e a lámpada que te axudarán a recrear o estilo e a atmosfera deste cuarto. A gama IKEA inclúe moitas cortinas e estores para axudarte a controlar a cantidade de luz que entra no teu fogar (moi útiles no dormitorio!).

Un oasis privado de benestar

De cando en vez, todos precisamos un pouco de privacidade e tempo para descansar e recuperarnos. Estas apracibles cortinas de estilo clásico axudarante a conseguilo ao tempo que achegan un toque extra de personalidade á habitación.

Velaquí todas as cortinas
Unha persoa dorme nunha cama IDANÄS feita con roupa de cama LÖNNHÖSTMAL e rodeada por unhas cortinas TIBAST.
Velaquí todas as cortinas

Tes curiosidade por saber como é a zona dos nenos deste dormitorio compartido?