Saltar

Ideas para o dormitorio que converterán o teu primeiro apartamento nun lugar feliz.

A pesar da falta de metros cadrados, a sensación acolledora torna maior en cada centímetro. Isto é un fogar completo, todo dentro dunha única estancia.

Un diván HEMNES con roupa de cama rosa e branca, un banco de ratán TOLKNING nun primeiro plano, un espello e un dosel téxtil sobre a cama.

O diván HEMNES tamén pode ser unha cama de última hora.

Podemos chamalo diván, mais nesta estancia utilizámolo máis a xeito de cómoda cama de 160 cm de largo. Un sobrecolchón confírelle maior comodidade, xunto con feixes de almofadas e edredóns. A posibilidade de transformalo nun acolledor sofá nun chiscar de ollos é unha vantaxe engadida.

Velaquí máis sofás cama
Un primeiro plano dun diván HEMNES con roupa de cama diversa: SOLFIBBLA a raias e BRUDKRUSBÄR con deseño floral.
Un apartamento dun dormitorio cun diván HEMNES, unha cadeira de ratán en primeiro plano e unha cómoda HEMNES verde no fondo.
Velaquí máis sofás cama

Unha cómoda é calma por fóra...

... mais unha rebuldaina por dentro! Nestes caixóns collen máis roupa e cousas das que pensas, e se ademais lle sumas algunhas caixas interiores, poderás telo todo ordenado. E despois aínda queda espazo dabondo na súa superficie para decorar.

Velaquí máis cómodas
Una cómoda HEMNES verde con testos e plantas enriba, un cadro sobre ela e unha escaleira de madeira no fondo, a modo de colgadoiro.
Primeiro plano dunha cómoda HEMNES co caixón superior aberto e caixas PURRPINGLA dentro.
Velaquí máis cómodas

Crear un lugar onde prosperar

A prosperidade represéntase de moitas maneiras diferentes e tanto as plantas como os humanos precisan un lugar onde medrar. Un lugar cómodo onde acougar, respirar profundamente e pensar pode facer marabillas. A cadeira de brazos ROCKSJÖN pode ser ese lugar, e o invernadoiro ÅKERBÄR é o espazo perfecto para as túas plantas. Elas precisan o mesmo ca nós: amor e agarimo todos os días.

Velaquí máis ferramentas de xardinaría
Recanto dun cuarto cunha cadeira de brazos ROCKSJÖN branca cunha mesa auxiliar e unha lámpada de lectura, e unha planta no outro lado.
Invernadoiro ÅKERBÄR con plantiñas dentro, enriba dun estante HYLLIS diante dunha xanela. Plantas grandes derredor.
Velaquí máis ferramentas de xardinaría

Multifuncional ao estilo natural

Algo multifuncional non ten por que ser máis complicado ca isto. A mesa ROSENTORP está aquí para comer, estudar, ler, escribir, socializar... o que sexa! Agochada dentro hai unha folla de apertura de bolboreta, para que poidas axustar o tamaño ás túas distintas necesidades. No tocante ao estante IVAR, ofrece almacenaxe aberta e pechada, todo nunha solución sen tratar, ordenada e flexible.

Velaquí todo o sistema IVAR
Unha mesa ROSENTORP branca ao lado dunha xanela, un estante IVAR detrás e cadeiras de distinto tipo. Plantas na soleira.
Lámpada de teito NARRKOLV en ratán pendurada sobre unha mesa ROSENTROP branca cun estante IVAR detrás.
Velaquí todo o sistema IVAR

Un armario sen un armario de verdade

Quen dixo que un armario ten que ter portas? Dúas barras nun curruncho cunha cortina funcionan xusto igual e, ademais, a cortina dálle a toda a estancia unha atmosfera máis acolledora. Cun espello na parede adxacente e, se callar, un carriño con accesorios e outras cousas, este recuncho gardarroupa xa terá todo o necesario.

Un dormitorio cunha mesa á esquerda e unha cama á dereita. Unha solución de armario con cortinas ao fondo.
Unha solución de almacenaxe con roupa pendurada en barras a dúas alturas diferentes, cunha cortina branca media aberta por diante.

A roda foi inventada por un bo motivo

A roda facilitou moito as cousas na época na que se inventou... e segue a facilitalas agora! Os carriños LOSHUT irán contigo onde queiras, sempre dispostos a satisfacer diferentes necesidades segundo o seu contido.

Velaquí máis carriños
Primeiro plano dun carriño LOSHULT de piñeiro canda unha cama. Un espello enriba e o carriño está cheo de accesorios e cousas.
Velaquí máis carriños

Abracadabra!

É case máxico ver con que facilidade un diván HEMNES pasa de ser unha cama a un sofá e viceversa. Os caixóns grandes da parte inferior teñen espazo para gardar a roupa de cama e as almofadas. E se lle pos unha mesa e unhas cadeiras diante, ninguén sospeitará endexamais que están sentados na túa cama.