Saltar

Ideas de decoración para un cuarto agradable que invita a relaxarse

Vivimos nun mundo bulicioso, pero neste cuarto poderás marcar o teu propio ritmo sen ter en conta a axenda de ninguén. Queres relaxarte? Adiante. Gustaríache pasar tempo cos nenos e ler un libro? Goza desa liberdade. Define o que significa para ti ter "tempo de calidade". E faino. Crea un cuarto no que haxa espazo para ti.

Dormitorio en beixe e branco cunha cama infantil á beira dunha cama de adultos e unha cadeira de brazos en primeiro plano.
Dormitorio en beixe e branco cunha cama infantil á beira dunha cama de adultos e unha cadeira de brazos en primeiro plano.

Ás veces, un recanto é suficiente para ter o teu propio espazo.

Un recuncho e un toucador GRÅFJÄLLET, xa está. Caben en calquera sitio pequeno e combinan con todos os estilos polo seu deseño clásico, moderno e sinxelo. Será o lugar onde te dedicarás un pouco de tempo. Unha libraría é outra forma de achegar calma ao dormitorio, aínda que non se abra ningún libro.

Velaquí a serie GRÅFJÄLLET
Entrada dun dormitorio cun toucador GRÅFJÄLLET á esquerda, armarios á dereita e unha libraría e unha cadeira de brazos máis ao fondo.
Toucador GRÅFJÄLLET en antracita cunha cadeira INGOLF en negro-marrón na esquina dun cuarto.
Velaquí a serie GRÅFJÄLLET

Un dormitorio é un cuarto para descansar, non só para durmir

Nunca subestimes o poder dunha libraría e unha boa cadeira de brazos. Evidentemente, a libraría pode encherse de historias de todos os tipos e extensións, e unha cadeira de brazos STRANDMON ofrecerache comodidade en todo momento por moi longas que sexan. Tendo en conta a rivalidade que existe na actualidade entre a televisión, os teléfonos móbiles e os videoxogos por captar a túa atención, sorprenderache canto pode fascinar un bo libro tanto á persoa que o le como á que escoita. Esta combinación de libraría e cadeira de brazos é o mellor xeito de darlle ao teu dormitorio unha sensación inconfundible de relaxación moito antes de meterte na cama.

Un pai sentado nunha cadeira de brazos nun dormitorio e un neno contando unha historia coa axuda dun monicreque de peluche SKOGSDUVA.

A cama perfecta ven con moitos estilos, tamaños e características

A cor das sabas, a firmeza do colchón, a altura e a densidade da almofada, e o que queiras. Para crear a cama perfecta, hai que tomar moitas decisións, pero non é nada complicado. Só tes que tomar o tempo para pensar en como che gustaría que fose. Tamén necesitas capacidade extra de almacenaxe? A cama tapizada con almacenaxe IDANÄS ten uns grandes caixóns debaixo.

Velaquí a serie de dormitorio IDANÄS
Un pai poñendo ben as almofadas da cama no dormitorio e, en primeiro plano, dous cativos xogando no chan coas vías dun tren de xoguete.
Primeiro plano dunha funda nórdica e fundas de almofada RODGERSIA, fundas de coxín IDALINNEA e manta de raias.
Velaquí a serie de dormitorio IDANÄS

As solucións pechadas de almacenaxe agora son "máis pechadas" que nunca

Compartir un cuarto non significa que se teñan que compartir todos os caixóns. Pode que teñas cousas que queiras gardar para ti, xa sexa por motivos persoais ou por seguridade. Os peches para armario SOLSTOL móntanse facilmente en calquera caixón ou armario. Unha vez colocados, o caixón ou a porta só poden abrirse coa tarxeta incluída ou con outras tarxetas que queiras.

Vídeo no que unha muller abre un moble de caixóns equipado cun peche para armario SOLSTOL empregando unha chave para abrir e pechar o caixón.
Moble de caixóns branco de seis caixóns con adornos enriba, e moitas fotos enmarcadas e un espello na parede de arriba.

Un armario mellorado durante máis de 30 anos

O armario PAX, tal como o coñecemos hoxe, lanzouse no ano 1992, aínda que existen versións do nome e do sistema dende 1955. Independentemente de cal se considere o ano de nacemento deste versátil sistema, podemos estar de acordo en que avellentou con dignidade. PAX recibiu melloras e modificacións, e incorporáronse novas características e accesorios practicamente todos os anos. Hoxe, as posibilidades de personalizar as distintas solucións son case infinitas. Por resumir unha larga historia: os anos de mellora fixeron que PAX estea moi preto da perfección.

Velaquí o sistema PAX
Combinación de tres armarios PAX/TYSSEDAL brancos cunha porta aberta e un moble de caixóns branco de fondo.
Velaquí o sistema PAX

Engadir un cuarto nunca foi tan doado

O separador de ambientes GRÅFJÄLLET ofrece a intimidade que pode precisar unha persoa para descansar pola noite. Cando todas as persoas volvan a espertar e correr dun lado para outro, tárdanse só uns segundos en dobralo e quitalo do medio. A tea é fácil de quitar e substituír por outra nova, como fixemos aquí.

Velaquí a parte dos nenos deste cuarto
Separador de ambientes GRÅFJÄLLET entre unha cama e a parte dos nenos do cuarto cun armario infantil.
Primeiro plano dunha cama extensible SUNDVIK, unha cama de xoguete DUKTIG e algúns xoguetes preto polo chan.
Velaquí a parte dos nenos deste cuarto

Relaxación para o corpo e a mente

Nótalo? A escala de cores relaxantes crea un ambiente que che invita case de inmediato a gozar dun momento de respiro e baixar o ritmo. Aínda queda espazo para a creatividade e os detalles persoais que farán que cada recanto sexa o favorito dun membro da familia, aínda que todo o mundo coincidirá nun tema principal: a relaxación.

Cuarto en beixe e branco cunha cama infantil xunto a unha cama de adultos, e unha cadeira de brazos en primeiro plano.