Saltar

Goza do mellor de ambos mundos no teu dormitorio

Si, pódeste relaxar e traballar no mesmo cuarto, mais non á vez! Comeza escollendo mobles coordinados con espazo de almacenaxe, cores suaves e unha iluminación ben pensada. Despois, engade un escritorio á beira dunha fiestra e instala unha cortina detrás. Así, cando remate a xornada, só terás que correr a cortina para pechar a "oficina".

Unha cama tapizada HAUGA gris con roupa de cama JÄTTEVALLMO e unha colcha MJUKPLISTER contra a parede dun dormitorio.
Unha cama tapizada HAUGA gris con roupa de cama JÄTTEVALLMO e unha colcha MJUKPLISTER contra a parede dun dormitorio.

Un gran momento para ti

Se precisas afastarte un pouco do traballo, esta suave cama tapizada é o lugar perfecto para te relaxares durante o día. Tamén che proporciona estilo e espazo para todo o día, así poderás manter esa sensación de tranquilidade e orde.

Velaquí todas as camas tapizadas
Unha cama HAUGA tapizada, de cor gris, co caixón aberto e unha mesa de noite branca ao lado cunha pequena lámpada.
Velaquí todas as camas tapizadas

Céntrate no traballo

Cómpreche un lugar tranquilo e sen ruídos no que traballar, pero non queres alterar o aspecto do cuarto? Combina o teu escritorio co resto dos mobles e nin te decatarás de que está aí cando non o estás a utilizar. Aproveita o caixón inferior para gardar as cousas do traballo ou dálle un segundo uso como toucador.

Velaquí todos os escritorios para casa
Un escritorio HAUGA branco entre dúas cómodas xunto a unha fiestra cun portátil aberto enriba e unha cadeira de traballo diante.
Velaquí todos os escritorios para casa

Almacenaxe sinxela cotiá

Crea un ambiente relaxado no teu cuarto combinando a almacenaxe para a roupa co resto de cousas que teñas. Estas dúas unidades son perfectas, xa que ofrecen moreas de opcións de almacenaxe aberta e pechada, e utiliza as guías para pendurar a roupa que vas poñer mañá.

Velaquí a serie de dormitorio HAUGA
Nun dormitorio, unha combinación de almacenaxe HAUGA contra unha parede entre unha fiestra e un repousapés STRANDMON.
Velaquí a serie de dormitorio HAUGA

Un espello para o teu estilo

Un xeneroso espello de corpo enteiro dálle o toque final á zona onde te vistes, pero se a maiores lle engades unhas luces, aseguraraste de que o espello reflicta o mellor de ti. E no caso de quedares curto de espazo, proba a instalar unha lámpada de parede/traballo e goza dunha iluminación única.

Velaquí todos os espellos de parede
Un dormitorio gris cun espello LINDBYN na parede, entre unha porta e unha cómoda. Debaixo do espello hai un repousapés.
Velaquí todos os espellos de parede

Todo o que precisas para o teu dormitorio ideal

Tes algunha idea? Velaquí todos os produtos que precisas para conseguir un dormitorio tranquilo e conxugado onde durmir e traballar.

Velaquí todos os mobles
Velaquí todos os mobles