Saltar

Dálle os bos días a un moderno dormitorio contemporáneo!

Este estilo baséase en solucións de almacenaxe ben planificadas. Esa é a clave para ter espazo, tanto para os detalles persoais como para o elemento central do cuarto: a cama. Sen dúbida, é o moble principal, polo que deberás asegurarte de que reflicte verdadeiramente a túa personalidade e estilo.

Cuarto con paredes brancas, unha solución de almacenaxe integrada de fondo e unha cama dobre con roupa de cama rosa vivo e con raias brancas e negras.
Cuarto con paredes brancas, unha solución de almacenaxe integrada de fondo e unha cama dobre con roupa de cama rosa vivo e con raias brancas e negras.

Realza a estrela do cuarto

Se hai un recuncho no teu cuarto, aprovéitao para colocar os armarios, aínda que tamén poderás colocalos en calquera parede. Evidentemente, os armarios son o mellor lugar para gardar a roupa e outras cousas, é dicir, para ter o cuarto ordenado. Deste xeito, tamén preparan o escenario para os mobles aos que lles encanta ser o foco da atención, como a cadeira de brazos xiratoria DYVLINGE. Alegrará o cuarto e o teu día a día, e converterase na verdadeira protagonista. Que che parece? Pois espera a sentar nela...

Armarios PAX/STORKLINTA de fondo, cadeira de brazos xiratoria DYVLINGE en verde vivo e chan de parqué con partes pintadas en cores intensas.

Crea a solución de almacenaxe perfecta para ti

PAX é moito máis que un armario. Ademais de organizadores interiores KOMPLEMENT, ten barras para a roupa, andeis e caixóns de distintos tamaños e estilos, como a maioría dos armarios. Tamén ofrece cestas, perchas de pantalóns e bandexas extraíbles con varios accesorios para as xoias, gravatas ou outros obxectos que teñas. Hai caixas de todos os tamaños, zapateiros, separadores e, por último, aínda que non por iso menos importante, un colgadoiro auxiliar. Pódenselle engadir luces e portas de varios estilos, funcións e materiais. Da igual o espazo que teñas e cales sexan as túas necesidades de almacenaxe, non hai nada que se lle resista a PAX.

Velaquí o sistema PAX
Primeiro plano dunha combinación de armarios PAX/STORKLINTA con dúas portas abertas; dentro hai roupa e outros obxectos perfectamente ordenados.
Velaquí o sistema PAX

Fai que o teu lado da cama sexa teu de verdade

Si, é posible compartir unha cama, aínda que se teñan preferencias de temperatura, confort, estilo e solucións de almacenaxe totalmente distintas. Con almofadas, edredóns, roupa de cama e mesmo colchóns independentes, poderás ter practicamente dúas camas nunha. O principal é que as dúas partes estean igual de cómodas no seu lado.

Cuarto con paredes brancas e unha cama dobre con roupa de cama de raias brancas e negras á esquerda e rosa vivo á dereita.

Menosprezados como simples "detalles"

Preferirían que se lles chamase o sorriso do cuarto ou o brillo dos ollos. As lámpadas, os cadros, os artigos de colección, as cores e as formas danlle personalidade e vida ao cuarto. As funcións reais dos distintos produtos son un extra.

Primeiro plano dun estor veneciano VECKLARFLY aberto deixando pasar a luz.
Vista dende arriba de roupa de cama SLÅNHÖSTMAL e fundas nórdicas e de almofada PILTANDVINGE.
Primeiro plano dunha lámpada LED portátil NÖDMAST verde e rosa sobre unha mesa de noite.
Primeiro plano de dous armarios de parede EKET de madeira de carballo pintada de branco utilizados como mesa de noite.
Combinación de ganchos de parede JORDMÅNE con obxectos pendurados.
Primeiro plano da lámpada de teito DYKARKLOCKA.
Primeiro plano da manta KLIPPOXEL enriba dunha funda nórdica PILTANDVINGE.
Vista dende arriba dunha cunca de vidro verde nunha mesa auxiliar BAGGBODA.

Cortinas opacas e outras ideas brillantes

A maioría das persoas dorme mellor na escuridade, pero iso non significa que o cuarto teña que estar ás escuras todo o día. Os estores venecianos e as cortinas opacas son, en realidade, ideas moi brillantes. Tamén o é un espello de corpo enteiro, xa que reflicte o cuarto e a ti.

Velaquí todos os estores
Primeiro plano dunha ventá con estores venecianos VECKARFLY baixados e cortinas brancas translúcidas ao lado.
Espello HOVET entre dúas ventás cunha mesa auxiliar BAGGBODA ao lado e o reflexo dunha cama no espello.
Velaquí todos os estores

Nun cuarto cheo de enerxía dórmese tamén placidamente

Un cuarto devolverache a mesma enerxía que lle puxeches ao deseñalo. Se se converte no teu espazo favorito, así é como te recibirá cando entres pola porta. Os detalles persoais faranche sentir como na casa, as solucións de almacenaxe intelixentes facilitarán que se manteña ordenado e unha cama perfectamente feita axudarache a durmir placidamente. É como unha historia de amor: dálle amor ao cuarto e recompensarate con ledicia no teu fogar.

Vista dun dormitorio dende unhas portas de vidro abertas con combinacións de almacenaxe e de parede en branco impoluto e unha cama dobre no centro.