Saltar

Presenta as toallas dos convidados con estilo

Queres que os teus convidados se sintan como na casa? Poderías colocar as toallas de maneiras creativas, como nos hoteis, para demostrarlles que son especiais. Con estes consellos, ensinarémoste a enrolalas e dobralas para darlle un toque elegante e persoal ao teu espazo.

Un baño cun moble con espello TÄNNFORSEN con caixóns, toallas dobradas e un albornoz pendurado nunha parede con azulexos granates.
Un baño cun moble con espello TÄNNFORSEN con caixóns, toallas dobradas e un albornoz pendurado nunha parede con azulexos granates.

Ponas á vista

Dobra con coidado as toallas pequenas e colócaas nunha bandexa xunto ao lavabo: verás o elegantes que quedan. Ao colocalas deste xeito, os teus convidados non terán problemas para saber que toallas usar. É unha maneira moi sinxela e sofisticada de amosarlles que coidas ata o máis mínimo detalle, e fará que se sintan como na casa.

Unhas bandexas TAVELÅN con toallas brancas enroladas e botes de xabón no mesado dun baño xunto a un lavabo moderno nun baño con azulexos granates.

Tan a gusto que non quererán marchar

Unha cadeira, un andel e un toalleiro: un produto tres en un moi práctico co que aforrarás espazo. A serie de artigos para o baño RÅGRUND, feita de bambú, é ideal para ambientes húmidos como o do baño. Equípaa con todo o que os teus convidados precisen para pasar a fin de semana.

Unha cadeira con toalleiro RÅGRUND con toallas amontoadas, artigos de aseo sobre unha toalla rosa e unhas zapatillas no andel de abaixo.

Amontoa as toallas e tenas á man

Aos convidados non lles gusta usmar polos caixóns e armarios para atopar o que precisan. Ao combinar solucións de almacenaxe aberta e pechada, conseguirás un resultado moi atractivo, poderás ocultar as túas cousas persoais e todo o demais, como as toallas e o xabón, estará ao alcance da man.

Velaquí todos os armarios altos e estantes de baño
Unha vitrina MOSSJÖN con dúas portas ao lado dunha bañeira. Na vitrina hai caixas de almacenaxe e varias toallas brancas e rosas.
Velaquí todos os armarios altos e estantes de baño

Perfectamente enroladas

O origami non é o teu? Non te preocupes. Fai un rolo coas toallas de man e colócaas nunha cesta bonita: verás que non pasan desapercibidas. Ademais de ser un xeito moi práctico de gardalas, dálle un toque acolledor e un encanto especial á estancia. Malia ser algo aparentemente insignificante, causa unha grande impresión e queda xenial en calquera baño.

Velaquí todas as cestas e caixas de baño
Unhas toallas de man GULLVIAL enroladas e metidas nunha cesta de vimbio sobre unha alfombra rosa con textura. Ao fondo, pódese ver un chan de terrazo.
Velaquí todas as cestas e caixas de baño

Prepara uns kits moi completos

Queres que os teus convidados se sintan cómodos durante a súa estancia? Por que non lles preparas uns kits para que vexan todo o que te preocupas por eles? Poderías incluír, por exemplo, toallas suaves, zapatillas cómodas e un cepillo de dentes nunha elegante bolsa de tea. Cólgaa nun gancho para que a teñan á man. Este pequeno detalle fará que os teus convidados se sintan como na casa.

Unha cesta TJABBIG pendurada dun gancho na parede cunhas zapatillas brancas e unha toalla rosa dentro nun baño con paredes de cor verde escura.

Ideas inspiradoras para renovar o teu baño

Goza dun proxecto de reforma máis fácil e divertido. Atopa consellos prácticos sobre cambios grandes e pequenos que converterán o teu baño nun lugar no que che gustará estar cada día.

Velaquí todos os consellos para o baño
Velaquí todos os consellos para o baño