Saltar

Ideas de almacenaxe baixo o lavabo

Organizar o espazo baixo o lavabo pode ser todo un reto. Pode que o teu armario de lavabo sexa grande pero que o caixón estea feito un desastre, ou que o lavabo estea pendurado da parede e non teñas ningún espazo de almacenaxe. Sexa cal sexa a túa situación, existen xeitos sinxelos e económicos de aproveitar e ordenar o espazo de almacenaxe baixo o lavabo.

Lavabo dun seo SKATSJÖN branco montado sobre un armario baixo de lavabo IVÖSJÖN verde con produtos de baño enriba.
Lavabo dun seo SKATSJÖN branco montado sobre un armario baixo de lavabo IVÖSJÖN verde con produtos de baño enriba.

Como optimizar o espazo de almacenaxe baixo o lavabo?

Nos andeis, as cousas non se ven igual que nos caixóns. Porén, se as organizas en recipientes encastelables transparentes, atoparás o que buscas en todo momento. Unha bandexa xiratoria é ideal para acceder con facilidade aos botes e tarros que empregas na túa rutina diaria.

Un moble de lavabo coas portas abertas con botes de vidro con tapóns de cortiza e toallas de raias brancas e negras nas baldas.
Un moble de lavabo branco coas portas abertas cunha bandexa xiratoria KLIPPKAKTUS na balda de enriba e produtos de baño sobre ela.

Reorganiza os caixóns do baño

Un armario de lavabo pechado co interior ordenado é un bo xeito de crear un baño relaxante. Clasifica os artigos en organizadores interiores por categoría ou membro da familia para sentir tranquilidade cada vez que abras un caixón. As luces LED con sensor fan que atopar o que precisas sexa aínda máis doado.

Un armario de lavabo cun caixón aberto con produtos de aseo organizados en caixas con tampas VISSLAÅN grises.
Un armario de lavabo HEMNES branco cun caixón aberto con tarros de vidro con tampas de cortiza e bandexas TAVELÅN con produtos de aseo.
O caixón superior dun moble de lavabo aberto con dous organizadores de caixóns colgantes BOLLÖSUND beixe dentro.
Un armario de lavabo con caixóns ÄNGSJÖN cun caixón aberto e organizadores de caixón BOLLÖSUND beixes dentro.
Iluminación LED KÖLVATTEN con sensor dentro dun caixón de baño, que ilumina os produtos de aseo que hai no interior.

Organiza o teu baño comezando por pequenos cambios

Manter a orde é máis doado cando cada artigo ten o seu sitio. Caixas pequenas, cestas e recipientes son de grande axuda cando toca organizar obxectos máis pequenos que adoitan acabar por todo o baño. Elixe o teu estilo e material favoritos, xa sexa plástico, vidro, bambú, cortiza ou fibras naturais.

Decide entre almacenaxe aberta ou pechada (ou combina ambas as opcións!)

Gustaríache acceder con facilidade aos teus produtos de baño? Dous estantes triangulares baixo o lavabo ofrecen unha solución instantánea. Prefires un deseño máis elegante cun espazo de almacenaxe pechada, pero deixando á vista os teus mellores produtos de aseo? Combina caixóns e andeis, que atoparás en varios estilos e materiais.

Un armario de lavabo aberto HEMNES branco cun caixón, un lavabo sobre mesado VÄSTERSJÖN e un armario con espello.
Dous estantes de esquina VESKEN brancos baixo un lavabo branco con produtos de baño sobre as baldas.
Dous estantes de esquina RÅGRUND de bambú debaixo dun lavabo branco con artigos de aseo.
Un baño con armarios baixos ENHET brancos e estruturas para lavabo ENHET con andeis en antracita con artigos de baño enriba.
Un armario baixo para lavabo IVÖSJÖN verde e un lavabo dun seo SKATSJÖN branco nun baño con azulexos amarelos.