Saltar

Consellos fáciles para aforrar auga no baño

Aforrar auga no baño é unha maneira sinxela e práctica de ser máis eficiente á hora de consumir recursos na casa. Se a isto lle sumamos a enerxía que se aforra por quentar menos auga, podes ter a certeza de que o teu peto ha notar a diferenza.

Un brazo que sae dunha ducha para coller unha toalla marrón agrisada clara pendurada dun gancho. Tamén hai unha cortina de ducha e plantas artificiais.
Un brazo que sae dunha ducha para coller unha toalla marrón agrisada clara pendurada dun gancho. Tamén hai unha cortina de ducha e plantas artificiais.

Cada ducha fai a diferenza

Ao cambiar a cabeza e a alcachofa da ducha por outras que aforran auga, co tempo observarás grandes resultados. Dado que non hai moita diferenza na presión da auga, a comodidade será a mesma ca antes. Mentres agardas pola auga quente, por que non aproveitas a que sae para regar as plantas?

Velaquí todas as barras e os xogos de ducha
Unha persoa nunha ducha enchendo unha regadeira dun kit de cabeza e alcachofa BROGRUND cromado con alternador.
Velaquí todas as barras e os xogos de ducha

Unha billa máis eficiente

Unha billa no lavabo que aforre auga é outra maneira de non desperdiciar auga nin enerxía. Cun bico ÅBÄCKEN para billa aforrarás aínda máis. É fácil de instalar e utilizar, abonda con xiralo para alternar entre o modo chorro e o modo pulverización.

Unha persoa lavando as mans e axustando o bico ÅBÄCKEN nunha billa cromada.

O reto musical da ducha

Reproducir unha canción da que gustes nun altofalante Bluetooth antes de entrar na ducha e tratar de rematar antes de esta finalizar é unha maneira divertida de aforrar auga. O truco está en escoller unha canción o suficientemente longa para ducharte en condicións, mais o suficientemente curta como para non desperdiciar auga.

Velaquí todos os altofalantes Bluetooth
Un soporte para plantas negro nun baño cunha lámpada con altofalante Bluetooth VAPPEBY de exterior en gris e outros artigos.
Velaquí todos os altofalantes Bluetooth

Ten as toallas baixo control

Os ganchos e toalleiros permítenche organizar as toallas para non ter que lavalas antes de tempo, só porque ás veces non sabes se as utilizaches ou quen as utilizou. E, loxicamente, menos coadas tradúcense en menos auga.

Unha toalla de baño branca sobre un toalleiro SKOGSVIKEN negro e outra de cor marrón agrisado claro pendurada enriba, a carón dun lavabo branco.