Saltar

Como deseñar un baño en cinco pasos

Estás a pensar en darlle un toque novo e diferente ao teu baño? Tanto se vas reformalo por completo como se vas facer unha pequena reforma ou simplemente andas na procura dalgunhas ideas para deseñar un baño, aquí atoparás características importantes que deberás ter en conta e incluír na planificación antes de poñerte en marcha.

Espello LETTAN con lámpadas LED de parede KABOMBA a ambos os lados sobre un armario de lavabo HAVBÄCK en branco con dous caixóns.
Espello LETTAN con lámpadas LED de parede KABOMBA a ambos os lados sobre un armario de lavabo HAVBÄCK en branco con dous caixóns.

Como empezar co deseño do teu baño

Afrontémolo: salvo que esteamos a falar de novas construcións, raramente poderás elixir onda van ir o inodoro e o lavabo, e é probable que non dispoñas de espazo para instalar a bañeira dos teus soños. Mais se segues estes pasos sobre como remodelar un baño, descubrirás o efecto que poden ter as túas posibles decisións sobre o resultado. Por exemplo, aínda que xa haxa unha ducha instalada, poderás modernizala facilmente cun cabezal, unha barra e unha billa de ducha para que combinen co resto do baño.

Baño baleiro a excepción dos azulexos brancos, o chan gris, unha ventá, un inodoro e a porta dun biombo nunha esquina.

1. Deixa que o teu moble de lavabo marque o estilo

O moble ou armario do lavabo adoita ser o centro do baño e, polo tanto, pode ter un gran impacto na súa estética xeral. Poderás elixir entre diversos deseños para que sexa práctico ou siga unha temática coa fin de crear un conxunto harmonioso: tradicional, moderno, relucente, elegante ou de madeira. Se outros membros da familia van usar o baño e tes espazo suficiente para instalalos, existen opcións con dous lavabos para facilitar as rutinas diarias. Recomendamos escoller un moble de baño que teña un ou dous caixóns para poder gardar cousas. Tal e como veremos no seguinte apartado, nunca está de máis ter espazo de almacenaxe de sobra. Lembra elixir organizadores interiores para poder ordenar os obxectos máis pequenos dentro dos caixóns. Con todo perfectamente organizado no seu sitio, poderás ter á man os teus produtos básicos de baño sen desordenar o espazo (ou perder un tempo valioso buscando cousas mentres estás a prepararte). O resultado é un baño máis relaxante e máis tranquilidade para ti.

Velaquí todos os mobles de lavabo
Armario de lavabo con dous caixóns HAVBÄCK en branco e lavabo ORRSJÖN nun baño de azulexos brancos cunha ventá.
Velaquí todos os mobles de lavabo
Velaquí todas as duchas

A túa ducha ao teu xeito

Unha ducha non é só un lugar para lavarse; é onde te preparas para o día e te relaxas cando queres sosegarte. Elixe o cabezal, a barra e a billa de ducha que satisfagan as túas necesidades e encaixen co estilo do teu baño.

Velaquí todas as duchas

2. Ten en conta as necesidades de almacenaxe do teu baño

Nun baño, o espazo de almacenaxe nunca está de máis, polo que terás que considerar se colocas un ou dous armarios altos (ou tres, se o teu baño é grande). Normalmente, hai dispoñibles armarios co mesmo estilo do armario de lavabo que elixises para darlle uniformidade a todo o baño.

Os mobles que se colgan na parede son prácticos e atractivos visualmente, e danlle ao teu baño unha sensación de amplitude (ademais de facilitar a limpeza do chan). Se os prefires con patas, hai armarios con opcións de deseño de patas que mellorarán o seu incrible aspecto. Os andeis dos armarios son o lugar ideal para os obxectos máis grandes, como os rolos de papel hixiénico e as toallas de baño máis grandes, mentres que os caixóns do armario de lavabo ofrecen unha visión ampla dos produtos de baño máis pequenos.

As estruturas abertas van moi ben nos recunchos desaproveitados, e son unha solución moi práctica e moi vistosa. Poderás elixir a mesma cor que no resto do teu baño ou xogar cos contrastes, como a estrutura negra deste baño branco.

Sexa cal sexa a túa solución de almacenaxe, aproveita os organizadores de baño como as cestas, as caixas e os recipientes. Cando todas as cousas teñan o seu espazo, poralas no seu sitio despois de cada uso e gozarás dunha sensación de orde nun instante.

Velaquí todos os armarios de baño
Armario de lavabo HAVBÄCK con dous caixóns en branco e armario alto con porta ao lado nun baño de azulexos brancos.
Velaquí todos os armarios de baño

3. Luces e espellos de baño

As lámpadas e os espellos son dous dos aspectos máis importantes do deseño do teu baño. A luz natural é agradable, pero pode que queiras ter máis intimidade e debas cubrir parcialmente a ventá, que poucas veces está preto do armario de lavabo onde te maquillas ou afeitas. Por iso, no canto de contar con que a luz natural sexa a ideal, deberías considerar tanto a luz ambiente como a iluminación directa e pensar ben onde vas poñer os espellos.

A luz ambiente do baño está deseñada para crear unha sensación acolledora. Normalmente, vai colocada na parede ou no teito e debe ser cálida e ofrecer unha iluminación uniforme.

Para maquillarse ou afeitarse eficientemente, precisarás unha luz moito máis forte, polo que deberás pensar nunha área ben iluminada á altura da cara xunto ao espello do moble do lavabo. Poderás montar dúas lámpadas aos dous lados do espello para gozar dunha luz homoxénea ou aforrar espazo na parede cun espello con luces integradas.

Se queres renovar o baño dun xeito doado sen facer grandes reformas, só terás que cambiar de vez en cando as lámpadas e os espellos. Gustaríanos darche outro par de consellos. O primeiro: se queres ver o teu pelo dende todos os ángulos e verte de cerca ao afeitarte ou maquillarte, un espello con cristal de aumento nun dos lados é imprescindible. O segundo: unha solución de fogar intelixente cun sensor é un luxo práctico para o día a día que che permite entrar no baño a escuras sen ter que buscar o interruptor da luz.

Velaquí toda a iluminación para o baño
Baño de azulexos brancos con dúas lámpadas de parede LED KABOMBA negras e un espello LETTAN sobre un armario de lavabo HAVBÄCK branco.
Velaquí toda a iluminación para o baño

4. Chega o momento de escoller os téxtiles para o baño

Os téxtiles fan máis polo teu baño do que imaxinas. Envolverte nunha toalla de baño suave e esponxosa despois da ducha crea unha sensación de pracer inigualable. As toallas e outros téxtiles para o baño, como as alfombras e as cortinas de ducha, tamén achegan cor e textura, e son un xeito fácil (e accesible) de personalizar e moderar a intensidade do teu espazo. Mantén un estilo tradicional con téxtiles de cores neutras ou dálle un toque diferente ao teu baño con toallas de cor amarela viva como as deste exemplo. Sexa cal sexa a túa elección, non ten por que ser para sempre. Cámbiaa de vez en cando para renovar o aspecto do teu baño sen necesidade de gastar unha fortuna.

Velaquí todos os téxtiles para o baño
Armario de lavabo HAVBÄCK branco e armario alto HAVBÄCK branco nun baño branco con toallas brancas e amarelas.
Velaquí todos os téxtiles para o baño

5. Accesorios do baño: o toque final

O dispensador de xabón, o portacepillos, a papeleira ou o cepillo do váter son accesorios pequenos pero importantes que mellorarán a aparencia e funcionalidade do teu baño. Podes xogar e mesturar todo tipo de materiais e cores ou elixir produtos da mesma serie, na que todos os artigos estean deseñados para combinar perfectamente uns cos outros. Permítenche tamén cambiar rapidamente o aspecto do teu baño. Só terás que asegurarte de que os accesorios vaian co resto do baño que xa planificaches para que poidas gozalo ao máximo mentres te preparas para o día ou te relaxas pola noite.

Lembra deixar espazo tamén para os obxectos que só son decorativos. Unha planta ou poliña daralle un toque natural alegre e agradable á orde perfecta que creaches.

Velaquí todos os accesorios de baño
Baño de azulexos brancos con armario de lavabo con caixóns HAVBÄCK en branco, dúas lámpadas LED de parede KABOMBA negras e unha alfombra gris.
Velaquí todos os accesorios de baño