Saltar

Cinco ideas de almacenaxe para organizar o baño facilmente

Uns armarios e caixóns do baño ben ordenados para sentirse mellor. Unha auténtica diferenza, xa que poderás encontrar as cousas decontado e facilitar as rutinas de aseo. Estas son algunhas formas de subir o nivel no tocante a almacenamento e organización no baño.

Un espello LINDBYN pendurado enriba dun armario de lavabo HEMNES/RÄTTVIKEN con dous caixóns en cor branca, ao lado dunha lámpada de parede FRIHULT.
Un espello LINDBYN pendurado enriba dun armario de lavabo HEMNES/RÄTTVIKEN con dous caixóns en cor branca, ao lado dunha lámpada de parede FRIHULT.

Mellor transparente, para ver o que hai dentro

Se che gustan os caixóns ben ordenados e queres encontrar as cousas facilmente, as caixas e os organizadores transparentes son ideais para ti. Están dispoñibles en varios tamaños, polo que che resultará fácil optimizar o espazo dos caixóns e encontrar un lugar axeitado para todo.

Velaquí todas as cestas e caixas de baño
Nun caixón aberto dun armario de lavabo HAVBÄCK/ORRSJÖN branco con caixóns, lavabo e billa hai caixas VISSLAÅN en gris con produtos de maquillaxe.
Velaquí todas as cestas e caixas de baño

Solucións de almacenaxe substituíbles

Os miniandeis, os recipientes e os ganchos de parede con ventosas son solucións ideais para ter as cousas do baño ben en orde e á man, sen necesidade de tradear nada. Son ideais para todo, desde toallas ata cepillos de dentes. Ademais, podes colocalos noutro sitio cando queiras volver a ordenar as túas cousas.

Velaquí todos os accesorios de baño
Un dispensador de xabón, un cepillo de dentes, pasta de dentes e unha cebra de xoguete nun cesto TISKEN branco con ventosa nunha parede de azulexos amarelos.
Velaquí todos os accesorios de baño

Todo en orde cun carriño

Cómprenche uns poucos andeis máis para caixas, cestos e botes? Este carriño é unha forma práctica de incorporar espazo de almacenaxe adicional ao baño. A estrutura resistente con rodas é fácil de mover e usar onde quixeres.

Velaquí todos os carriños de baño
Un carriño NISSAFORS negro visto desde arriba con varios botes, toallas e artigos de aseo.
Velaquí todos os carriños de baño

Aproveita a porta

Os ganchos que se colocan na parte superior da porta do baño permítenche aproveitar o espazo sen usar para pendurar toallas, albornoces e moitas outras cousas. Estes ganchos individuais pódense separar para as toallas secaren antes ca nun colgadoiro con ganchos.

Dous ganchos SKOGSVIKEN negros na parte superior dunha porta en gris escuro, cunha toalla de baño beixe agrisado claro e un albornoz.

Un andel xiratorio para cousas pequenas

Ver e elixir artigos máis pequenos, como xoias e outros accesorios, é máis sinxelo con bandexas con compartimentos independentes. Como neste práctico andel xiratorio que podes fixar ás estruturas abertas da serie de baños ENHET.

Velaquí a serie de baño ENHET
Estrutura de parede ENHET en antracita con andeis con toallas dobradas brancas e un andel xiratorio da mesma serie montado sobre ela.
Velaquí a serie de baño ENHET