Saltar

3 maneiras de adaptar o teu baño a calquera idade

Vas redecorar un baño familiar? Dámosche uns cantos consellos e ideas para adaptar o baño aos teus fillos gardando algunhas cousas á altura dos seus ollos. Crea un espazo divertido e accesible no que todo flúa.

Un armario para lavabo ENHET branco con dúas portas, toallas amarelas e rosas, un floreiro verde e un taboleiro perforado SKÅDIS con produtos de aseo.
Un armario para lavabo ENHET branco con dúas portas, toallas amarelas e rosas, un floreiro verde e un taboleiro perforado SKÅDIS con produtos de aseo.

1. Un taboleiro no baño para todos

As cousas dos cativos? Abaixo. A crema de afeitar? Un chisco máis arriba. Ver todas as cousas pequenas organizadas á altura adecuada alegra os días e axiliza as rutinas matutinas. O taboleiro perforado SKÅDIS, con accesorios de almacenaxe personalizables, fai que todo sexa doado de atopar e de gardar.

Velaquí a serie SKÅDIS
Un taboleiro perforado SKÅDIS branco con moitos ganchos de almacenaxe e cestos con botes de xampú, xoguetes e cepillos nun baño familiar.
Velaquí a serie SKÅDIS

2. Unha pequena axuda

Cun tallo, aos cativos resultaralles máis doado aprender a lavar os dentes e as manciñas. Coa superficie antiescorregante nas partes de arriba e de abaixo, o tallo banzo BOLMEN é o pequeno empurrón esencial que precisan ­e soporta ata 100 kg, así que os adultos tamén o poden usar con seguridade.

Velaquí todos os tallos e bancos para o baño
Unha nena lavando os dentes diante dun espello de baño. Está enriba dun tallo banzo BOLMEN branco, sobre un chan de baldosas verdes.
Velaquí todos os tallos e bancos para o baño

3. Dende os ganchos ata o espello, a clave está na altura

Dálle un carácter divertido á parede. Os ganchos e os cestos con ventosa son fáciles de montar de xeito que mesmo os máis cativos sexan quen de coller a súa toalla; ademais, pódense cambiar de sitio cando os teus fillos medren. Ademais, sempre é útil montar un espello a unha altura máis baixa para que todos se vexan sen axuda.

Velaquí a serie TISKEN
Varios ganchos TISKEN brancos con ventosas a diferentes alturas pendurados dunha parede branca con toallas rosas e amarelas.
Velaquí a serie TISKEN