Saltar

Un baño urbano e minimalista dedicado ao estilo e ao coidado persoal

Presentámosche un baño moderno con mobles cálidos de efecto carballo marrón deseñado para adaptarse a un estilo de vida atarefado. A combinación de mobles con varios tons da mesma cor e materiais en contraste achega un toque elegante e sofisticado.

Un baño cun moble de lavabo con caixóns ÄNGSJÖN e un armario de parede con porta de efecto carballo marrón visto desde outro cuarto.
Un baño cun moble de lavabo con caixóns ÄNGSJÖN e un armario de parede con porta de efecto carballo marrón visto desde outro cuarto.

Infinitas posibilidades para darlle un toque de teu

Neste baño moderno, elixiuse cada detalle para achegar estilo e personalidade, como o armario de lavabo e a billa negra. O armario con espellos a ambos os lados da porta permíteche gozar do baño desde diferentes ángulos, mentres que o armario de parede aberto é práctico e decorativo.

Velaquí todos os armarios de parede para o baño
Un armario aberto de parede HAGAÅN con efecto carballo marrón e un armario con porta de espello LETTAN xunto a unha lámpada LED de parede KABOMBA.
Detalle dun lavabo ORRSJÖN branco cunha billa LUNDSKÄR negra e un reloxo á beira.
Velaquí todos os armarios de parede para o baño

A elegancia e a utilidade non están rifadas

Para adaptar un baño pequeno a un estilo de vida atarefado, busca formas intelixentes de aproveitar cada recuncho e espazo. O colgadoiro e o espello de parede axúdante a compoñerte nun amén, xa sexa para ir ao traballo, ao ximnasio ou a unha cita. A bolsa para a coada con rodas nunca estorba e o armario de parede permite gardar os artigos de aseo dun xeito ordenado.

Un espello LINDBYN cun marco negro e unha lámpada LED de parede KABOMBA con espello nunha parede reflectindo unha camiseta de raias.
Unha bolsa para a coada ENHET branca con rodas colocada nunha esquina xunto a un armario alto ÄNGSJÖN con porta en efecto carballo marrón.

Un baño moderno en tons de madeira escura ideal para os teus gustos e estilo de vida

Os tons terra, inspirados na natureza, realzan o estilo deste baño con efecto carballo marrón. Esta solución, deseñada para espazos pequenos, ofréceche varios armarios que se poden combinar de distintos xeitos para adaptarse a todas as necesidades e estilos.

Velaquí o baño ÄNGSJÖN
Parede dun baño cun armario aberto de parede HAGAÅN con efecto carballo marrón e un armario con porta de espello LETTAN.
Velaquí o baño ÄNGSJÖN