Saltar

Un baño sofisticado cunha almacenaxe optimizada

Combina a elegancia moderna e a funcionalidade práctica. O aspecto escuro e refinado deste baño equilíbrase cunha iluminación agradable e eficiente. Ademais, para manter a elegancia, podes gardar os artigos de aseo fóra da vista. É un auténtico luxo nun pequeno espazo (e mesmo terás sitio para a bogada).

Un baño pequeno cun armario de lavabo HAVBÄCK con dous caixóns en gris escuro, un lavabo ORRSJÖN branco e un espello FAXÄLVEN redondo.
Un baño pequeno cun armario de lavabo HAVBÄCK con dous caixóns en gris escuro, un lavabo ORRSJÖN branco e un espello FAXÄLVEN redondo.

Organización perfecta detrás das portas pechadas

Usa as paredes para aproveitar ao máximo o espazo. Un armario alto resulta moi útil nun baño de dimensións reducidas, xa que che permite ocultar a maioría das cousas e amosar só o que máis che guste. Hai algunha esquina na que parece que non cabe nada? Un armario estreito é a resposta, e achegará espazo de almacenaxe adicional nun recuncho que, de outro xeito, quedaría inutilizado.

Un armario alto HAVBÄCK en gris escuro coa porta aberta; no seu interior hai artigos de aseo e toallas nas baldas.
Un armario de parede HAVBÄCK en gris escuro montado sobre un inodoro. Unha porta está aberta e poden verse produtos de baño no interior.

Ilumina un baño pequeno

Un espello atractivo con iluminación integrada fará que un baño pequeno semelle máis grande, e é perfecto para as rutinas diarias. Engade algunhas funcións intelixentes para gozar dunha maior comodidade. Por exemplo, podes controlar a iluminación cun regulador sen fíos e activar unha lámpada cun altofalante Bluetooth para crear ambiente (e escoitar a túa listaxe de reprodución favorita).

Velaquí toda a iluminación para o baño
Un espello FAXÄLVEN redondo con iluminación integrada colocado na parede dun baño, enriba dun armario de lavabo HAVBÄCK en gris escuro.
Unha lámpada de parede LED KABOMBA en negro mate montada na parede dun baño ao lado de dous toalleiros BROGRUND de aceiro inoxidable.
Velaquí toda a iluminación para o baño

Unha combinación de baño e lavadoiro práctica e elegante

Para que as tarefas diarias sexan algo máis doadas e moito máis pracenteiras, hai que atopar un fluxo de traballo eficiente. Este baño conta cunha práctica zona de lavadoiro con espazo para clasificar, lavar e airear as pezas de roupa nun espazo moi pequeno sen renunciar ao estilo. Esta cesta para a bogada, trenzada en xute de maneira tradicional por hábiles artesáns, dispón de asas para transportala máis doadamente e dunha bolsa interior que se pode sacar e lavar. Utiliza un carriño para gardar os deterxentes e outros produtos. Unha solución moi sinxela.

Velaquí todas as solucións para a bogada no baño
Unha cesta para a bogada de salgueiro NATTGIBBA ao lado dunha lavadora e unha secadora, debaixo dun colgadoiro branco con camisas penduradas.
Velaquí todas as solucións para a bogada no baño

Un baño refinado cun aspecto ordenado e despexado

Pode que este baño sexa pequeno, pero mantén o seu aspecto apracible grazas aos interiores ben organizados dos armarios de lavabo e parede. O deseño sinxelo en gris escuro equilíbrase cunha iluminación agradable e moi eficiente, e o lavabo semiencaixado con mesado convértese nun elemento central, que podes personalizar cos tiradores e as asas que elixas.

Velaquí o baño HAVBÄCK
Un espello FAXÄLVEN redondo colocado nunha parede enriba dun armario de lavabo HAVBÄCK en gris escuro ao lado dun armario alto HAVBÄCK en gris escuro.
Velaquí o baño HAVBÄCK