Saltar

Un baño práctico e elegante para toda a familia

Imaxina un baño que conte con todo o necesario para que todos os membros dunha familia poidan prepararse para a súa rutina diaria e que, ao mesmo tempo, achegue calma e tranquilidade. Este baño combina a sinxeleza propia do estilo escandinavo con detalles funcionais para o día a día. Ademais, os acabados en mate e os toques da madeira de carballo achegan un toque sofisticado ao conxunto.

Un baño cun espello redondo con luz, dous lavabos, un moble de madeira e unha parede azulexada. Hai unha planta pendurada da parede que lle dá un toque verde.
Un baño cun espello redondo con luz, dous lavabos, un moble de madeira e unha parede azulexada. Hai unha planta pendurada da parede que lle dá un toque verde.

Teu, meu, de todos

Facer espazo para as rutinas matutinas de toda a familia pode parecer unha misión case imposible. Os dous lavabos facilitan moito as cousas e evitan moitas disputas innecesarias. Neste caso, estamos ante unha solución que, ademais de ser funcional, resulta elegante.

O espello con luz non só dá amplitude á estancia, senón que tamén ofrece a iluminación necesaria á hora de enfeitarse.

O lavabo LERSJÖN, que ten unha forma peculiar e un acabado en mármore artificial, dálle un toque moderno ao baño. Os armarios de carballo achegan calidez e contribúen a crear un ambiente acolledor no espazo.

Velaquí todos os mobles de lavabo
Mesado dun baño cun lavabo sobre mesado LERSJÖN, unha billa cromada, un dispensador de xabón e artigos para o coidado da pel sobre unha superficie branca.
Velaquí todos os mobles de lavabo

Acabados de calidade e moito espazo de almacenaxe

Neste baño, os materiais de calidade acaparan todo o protagonismo. Os tiradores integrados dos caixóns ÄNGSJÖN contribúen ao aspecto elegante e sinxelo do conxunto. Os caixóns ofrecen moito espazo de almacenaxe, perfectamente aproveitado grazas aos organizadores interiores, que permiten ver e atopar calquera cousa ao instante.

Velaquí o baño ÄNGSJÖN
Moble de lavabo con caixón ÄNGSJÖN con artigos de aseo, bastonciños, toallas e produtos cosméticos para a pel, todo perfectamente organizado.
Baño cun lavabo sobre mesado LERSJÖN branco con billas cromadas, un moble de madeira e unhas zapatillas no chan.
Velaquí o baño ÄNGSJÖN

Un armario para cada membro da familia

Vivir con adolescentes adoita ser moi complicado, sobre todo se hai que compartir o baño con eles. Este baño conta cun armario alto para cada membro da familia, o que fai que todo estea sempre perfectamente ordenado. Ao dispoñer cada un do seu propio espazo de almacenaxe, será máis sinxelo atopar as cousas e haberá máis posibilidades de que o baño estea ordenado (máis ou menos).

Velaquí todos os accesorios de baño
Armarios altos ÄNGSJÖN coas portas abertas, con toallas e artigos de aseo ben ordenados.
Unha caixa con tapa VISSLAÅN con brochas de maquillaxe, produtos cosméticos e artigos de aseo pequenos nun andel de cristal.
Velaquí todos os accesorios de baño

Ao aire libre dentro da casa

Dálle un toque natural ao baño para conseguir un ambiente tranquilo e acolledor. Os detalles de madeira natural e as cores e formas inspiradas na natureza dan lugar a un espazo ideal para relaxarse.

Un soporte para plantas negro a carón da xanela con varios testos e unha regadeira. Ao lado, hai un carriño de bambú RÅGRUND.

Elegancia escandinava con detalles funcionais para o día a día

Este baño combina o estilo escandinavo con detalles funcionais para o día a día, o que dá lugar a un espazo que convida a relaxarse, ideal para toda a familia. O seu deseño funcional e elegante satisfai as necesidades de todos os membros da familia.

 

  • Sinxelo e acolledor: os acabados en mate e os detalles de madeira de carballo dan lugar a un ambiente sofisticado e acolledor que facilita a rutina matutina de toda a familia e axuda a relaxarse ao rematar o día.
  • Para toda a familia: ao dispoñer de dous lavabos, todo fluirá mellor pola mañá.
  • Almacenaxe práctica: os elegantes caixóns e os compartimentos perfectamente organizados axudan a ter todo á man, pero fóra da vista.
  • Un espazo para cada un: cada membro da familia ten asignado un armario alto para gardar as súas cousas, de forma que o baño estea sempre ordenado.
  • Un toque natural: as plantas e os tons da madeira dan lugar a un ambiente inspirado na natureza que achega calma e tranquilidade.

Un baño moderno con dous lavabos e un moble de lavabo con caixóns ÄNGSJÖN con acabado de carballo. Tamén hai un espello redondo e plantas penduradas.