Saltar

Un baño pequeno pero con moita almacenaxe

Si, é un baño pequeno, pero con moitas ideas para tirar o máximo proveito do espazo dispoñible e crear, á vez, un ambiente sosegado. Estas solucións de almacenaxe flexible, como o armario, os ganchos e o carriño, ofrecen espazo dabondo para gardar todos os teus produtos de cosmética.

Conxunto de mobles de baño LILLTJÄRN/SKATSJÖN brancos cunha billa SALJEN ao carón dun carriño VESKEN branco con artigos de aseo persoal.
Conxunto de mobles de baño LILLTJÄRN/SKATSJÖN brancos cunha billa SALJEN ao carón dun carriño VESKEN branco con artigos de aseo persoal.

Un armario para ampliar o espazo

Aproveita todo o que poidas o espazo debaixo do lavabo con este armario corredío. É fácil de transportar e de montar, e está pensado para gardar os teus útiles nun chiscar de ollos. As cousas ás que lles deas máis uso sempre estarán á man cando as precises e, cando non, permanecerán agochadas para que poidas crear un ambiente sosegado.

Conxunto de mobles de baño LILLTJÄRN/SKATSJÖN brancos cunha billa SALJEN negra. Unha das portas do armario está aberta e dentro se ven varias caixas.

Goza dunha mellor iluminación, día e noite

O deseño atrevido desta lámpada de parede chama a atención en calquera parte, pero queda especialmente ben á beira dun espello de baño. Achega encanto e proporciona unha boa luz que non cega, perfecta para maquillarse ou cepillar os dentes.

Velaquí toda a iluminación de parede para o baño
Espello enriba dun lavabo branco con lámpadas de parede LEDSJÖ a cada lado. No espello aparece reflectido un toalleiro negro.
Velaquí toda a iluminación de parede para o baño

Garda as toallas con estilo

O deseño limpo e elegante deste toalleiro marcará unha gran diferenza nos espazos pequenos. O máis destacado é a pequena bandexa que ten ao carón, pois é do tamaño perfecto para depositar as xoias pequenas, como aneis ou colares, que non queiras mollar na ducha.

Toalleiro SKOGSVIKEN negro con bandexa fixado a unha parede de azulexos. Del pendura unha toalla marrón e outra branca.

Ganchos para transformar as paredes

Estes ganchos redondos e atrevidos son perfectos para gardar cepillos, accesorios ou mesmo un altofalante Bluetooth. Quedan moi chulos na parede e van a xogo coa billa monomando do lavabo. Combínaos coas bandexas da mesma serie para gardar os teus esmaltes de uñas ou perfumes favoritos preto do lavabo.

Velaquí todos os accesorios para o baño
Cinco ganchos SKOGVIKEN fixados a unha parede de azulexos á beira dun espello, cun altofalante Bluetooth, un cepillo e outros obxectos.
Velaquí todos os accesorios para o baño

Unha esquina que dá para moito

Esta esquina adaptable é de moita axuda en calquera baño, xa que permite ter os xeles e as locións á man. Tamén ten buratos de drenaxe en cada andel e é tan lixeira que poderás metela contigo na ducha sen faceres ningún esforzo.

Velaquí todos os estantes para o baño
Esquina VESKEN dentro dunha ducha con botes e outros artigos de aseo, e un cepillo pendurado da parede xusto enriba.
Velaquí todos os estantes para o baño