Saltar

Un baño pequeno e acolledor de estilo spa

Este baño pequeno e harmonioso é o lugar perfecto para desconectar. É un espazo compartido con produtos básicos de spa e cores terrosas para fomentar o benestar, e no que todo está organizado. A mestura de tecidos suaves e liñas modernas ten un efecto tranquilizador para todos os sentidos que permite gozar das mañás e das noites.

Un baño pequeno con paredes en marrón escuro e mobles brancos. Un armario NYSJÖN cunha porta e espazo de almacenaxe debaixo do lavabo.

Dende as toallas á almacenaxe do baño, aposta por cores suaves

Os tecidos en beixe claro, un estante branco e varias caixas de almacenaxe proporcionan a sensación dun refuxio limpo e tranquilo. Os andeis abertos de chopo macizo permiten ver todos os produtos de coidado corporal dunha ollada rápida, son facilmente accesibles e combinan con todo.

Velaquí todos os estantes de baño
Toallas de cor beixe, caixas transparentes, botes de xabón e un altofalante wifi dentro dun estante MUSKAN aberto en branco.
Velaquí todos os estantes de baño

Inspirado no poder dos nosos sentidos

Crear o teu propio refuxio é máis doado do que podería semellar. Calma os sentidos cunha paleta de cores naturais e luces suaves regulables. Reláxate cun tallo con almacenaxe en madeira natural e inclúe texturas con toallas moles e agradables ao tacto. Unha planta dá o toque exuberante final que che dá calma e benestar.

Un tallo con almacenaxe MUSKAN branco con vasos de auga enriba. Unha planta e dous albornoces de cor beixe na parede que hai detrás.
Un albornoz BJÄLVEN beixe con textura en cuadrícula pendurado na parede a carón dunha toalla VALLASÅN beixe e un cepillo corporal de madeira.
Unha lámpada de parede LED HAVSDUN branca con vidro esmerilado e unha iluminación atenuada, pendurada á beira dun espello nunha parede en marrón escuro.
Un conxunto de botes con tapa, caixas con tapa e unha bandexa SAXBORGA de cortiza sobre unha cómoda preto dunha xanela grande.
Parte superior dun tallo con almacenaxe MUSKAN no que hai unha bandexa cunha botella e vasos de auga, así como unha candea aromática JÄMLIK acesa.

Consigue o mesmo estilo sen facer buratos

Mantén un estilo de spa, limpo e apracible, con accesorios de parede que aforran espazo. Estes ganchos e cestas, moi prácticos e versátiles, non precisan buratos, polo que poderás crear un refuxio tranquilo e sinxelo.

Velaquí todos os accesorios de baño
Unha percha ENUDDEN para a porta con seis ganchos pendurada na porta dun baño en gris azulado cun albornoz e dúas bolsas de malla KUNGSFORS.
Dous andeis de esquina KROKFJORDEN con ventosas na parede no recanto dunha ducha marrón con artigos de aseo e para o coidado corporal.
Velaquí todos os accesorios de baño

Deseño limpo, tons neutros e superficies mates

Se queres conseguir a sensación dun refuxio moderno nun baño diminuto, aposta por mobles de deseño sinxelo, accesorios con superficies mates (que son máis relaxantes que con brillo) e cores suaves que proporcionen calma e calidez. Engade personalidade co teu xabón aromático preferido e algunha planta.

Un armario NYSJÖN cunha porta debaixo dun lavabo branco con accesorios en azul agrisado claro enriba e un espello na parede.