Saltar

Un baño en tons terra con contrastes escuros

Se valoras a sensación de calma, o baño HAVBÄCK é para ti. Bonito na súa sinxeleza, ofrece unha gran capacidade de almacenaxe con portas e caixóns de peche suave que realzan a sensación de calidade. Trátase dun espazo para o autocoidado, onde os elegantes accesorios BÄSINGEN te axudarán coas túas rutinas diarias.

Un baño luminoso que se ve dende un dormitorio, con mobles de baño HAVBÄCK brancos e accesorios BÄSINGEN en antracita.

Dous mobles de baño que duplican a comodidade

Os dous mobles de baño con caixóns grandes e o duradeiro lavabo dobre (ORRSJÖN ten 10 anos de garantía) son ideais para un dos espazos máis concorridos do teu fogar. Os mobles de baño brancos crean un gran contraste cos accesorios máis escuros, co que se consegue un toque moderno de minimalismo escandinavo.

Velaquí todos os mobles de lavabo
Un baño con dous mobles HAVBÄCK brancos con caixóns e un lavabo dobre ORRSJÖN, e unha lámpada de parede KABOMBA negra.
Un colar de doas laranxas pendurado do bordo dun lavabo ORRSJÖN branco e varios produtos de maquillaxe ao lado.
Velaquí todos os mobles de lavabo

BÄSINGEN, a túa axuda diaria

Unha cadeira de ducha robusta, un andel de ducha con artigos de aseo, un toalleiro para ter a toalla á man cando a necesites para secar e un soporte de papel hixiénico cun andel pequeno: todos os accesorios BÄSINGEN en negro-gris presentan un deseño rechamante e cobren as túas necesidades sen renunciar ao estilo.

Velaquí a serie BÄSINGEN
Un baño en beixe suave cunha cadeira de ducha BÄSINGEN, un toalleiro BÄSINGEN e un andel para a ducha BÄSINGEN en antracita.
Un soporte para papel hixiénico BÄSINGEN en antracita montado na parede dun baño de cor beixe suave cun rolo de papel hixiénico.
Velaquí a serie BÄSINGEN

Accede con facilidade aos teus artigos de baño

Un armario alto HAVBÄCK con portas con peche suave é perfecto para gardar as toallas e os produtos de aseo sen deixalos á vista, pero sempre ao alcance da man para facilitarche as rutinas, ora ao principio do día, ora antes de ir durmir. O tallo BÄSINGEN, con varanda e patas antiescorregantes, axudarate a chegar ao andel máis alto con facilidade e seguranza. O seu deseño moderno de estilo escandinavo en antracita crea un bonito contraste coas cores cálidas do baño; ademais, encaixa á perfección debaixo do lavabo cando non se está a empregar. Cun pouco de axuda, ningún armario é demasiado alto e os andeis adicionais poden aproveitarse de verdade.

Velaquí todos os armarios de parede para o baño
Un tallo BÄSINGEN con varanda en antracita colocado nun baño marrón diante dun armario alto HAVBÄCK branco.
Velaquí todos os armarios de parede para o baño

Un baño con tons terra cálidos

Este baño con aspecto de spa moderno é tan elegante como funcional.

  • Ideas de decoración para un baño en tons terra: o elegante esquema de cores en marrón suave e branco compleméntase cos accesorios BÄSINGEN de formas suaves en antracita para crear un espazo relaxante e acolledor.
  • Gran capacidade de almacenaxe: os mobles de lavabo dobres con catro grandes caixóns e o armario alto teñen espazo para todos os teus artigos de aseo.
  • Calidade en cada detalle: os mobles de baño HAVBÄCK con portas e caixóns con peche suave teñen unha garantía de 10 anos.
  • A axuda que precisas: os accesorios de baño BÄSINGEN, elegantes e resistentes, ofrécenche o que necesitas en cada momento. A serie inclúe dous tallos diferentes, unha cadeira para a ducha, un andel de ducha, un toalleiro e un soporte para o papel hixiénico, todo cun deseño moderno de estilo escandinavo en gris escuro.

Un baño con dous mobles HAVBÄCK brancos cun lavabo dobre ORRSJÖN e dous espellos LETTAN, ademais de dous armarios altos.