Un baño colorido e versátil para familias atarefadas
Este baño familiar ten unha base neutra en cor branca con toques de cor e combina solucións de almacenaxe intelixentes con detalles divertidos para mantelo todo ordenado. É económico, práctico e ideal para familias con nenos pequenos. Ademais, é o suficientemente versátil para que poidas ir adaptándoo conforme a familia medre e as súas necesidades cambien.

