Harmonía nun baño superorganizado
Unha solución práctica e acolledora no lugar máis inesperado: debaixo da escaleira. Esta pequena estancia, cun lavabo e un inodoro, debe o seu ambiente agradable e aspecto ordenado ás prácticas solucións de almacenaxe. As frontes, con liñas depuradas e rectas, e o acabado en branco mate, son doadas de personalizar cuns pomos ou tiradores da túa elección.