Goza de IKEA Home smart Hoxe e todos os días.
Mira, oe, sinte. Imaxina que o teu fogar estivese conectado, igual que os teus sentidos.

Simplemente outro luns marabilloso
Imaxina espertar e poder escoitar música sen ter que saír da cama. Que marabilla, verdade? A vida é algo máis doada se equipas o teu fogar con solucións intelixentes. Así que, tanto se queres un fogar completamente intelixente como se che abonda ter uns cantos "poderes", temos un produto IKEA Home smart para que goces dun funcionamento intuitivo.

- Páxina de información do produto
Cambia a luz en función do teu estado de ánimo
Pénsao, é como ter as túas emocións ao alcance da man. A iluminación intelixente axúdache a compaxinar eses días atafegados coas tarefas do fogar, descansar no sofá ou trasnoitar en boa compaña. Lámpadas, paneis e iluminación integrada. Podes atenuar as luces, cambiarlles a cor, acendelas ou apagalas e tamén alternar entre luz cálida e luz branca.
Funciona con IKEA Home smart
Cando vexas esta insignia nun produto, significa que funciona coa aplicación IKEA Home smart e que se conecta ao dispositivo de conexión TRÅDFRI.