VITVAL Estrutura liteira e cama adicional, branco/gris claro, 90x200 cm
Como conseguilo
Son os detalles os que conseguen que esta liteira sexa un produto único. Formas suaves, barreiras protectoras de tea e unha cama inferior que se pode sacar para os convidados. Tamén podes personalizala cos accesorios da serie MÖJLIGHET.
Detalles do produto
Doado de montar grazas ao tecido dividido en seccións e as cintas elásticas.
Se queres personalizar a túa cama e que resulte aínda máis cómoda, podes completala co coxín e o peto MÖJLIGHET, cuxas medidas se adaptan perfectamente á serie VITVAL.
Unha estrutura de formas suaves e lixeira á vista, mais estable.
Podes usar a cama de abaixo como sofá, xa que o panel lateral é alto e serve de respaldo.
A escaleira pódese montar ao lado esquerdo ou dereito da cama.
IKEA of Sweden/Tord Björklund
Medicións
- lonxitude: 207 cm
- Ancho: 97 cm
- Altura: 162 cm
- Longo do colchón: 200 cm
- Anchura do colchón: 90 cm
- Distancia entre liteiras: 91 cm
- Grosor máx. colchón: 13 cm
- Grosor máx, colchón baixo cama: 13 cm
- Altura: espazo libre baixo o moble: 23 cm
- Peso máximo/nivel: 100 kg
Opinións dos clientes
Accesorios para VITVAL
Explora as túas opcións
Combina mobles e decoración de dormitorio para atopar o complemento perfecto para o teu fogar.


Menos material, máis confort
En que parte do fogar pasan máis tempo os teus fillos mentres están espertos? O máis probable é que o pasen na cama. Porque cando a vida dos rapaces algo máis vellos hoxe en día se move arredor dos teléfonos, tabletas e amigos, realmente non se precisa moito máis espazo ca ese "centro neurálxico". Coas camas altas e liteiras VITVAL, quixemos crear camas cómodas e acolledoras para todos los nenos e nenas que prefiren pasar tempo nelas. Porén, tamén entraba dentro dos obxectivos reducir considerablemente a cantidade de materiais para aforrar recursos naturais.
O metal é un material duradeiro e mais estable e adáptase perfectamente ás estruturas das camas VITVAL. A cuestión era descubrir que cantidade do metal utilizado podíamos reducir sen prexudicar a estabilidade e seguridade. A desenvolvedora de produto Anna Carme e as súas compañeiras realizaron detallados cálculos e probas de seguridade. "Progresamos moito", recoñece Anna. "Mais non era suficiente; parecíanos que as estruturas de cama seguían a ser moi pesadas".
30% menos de metal
A experimentación cos materiais levou ao equipo a substituír os bordos da cama por tecido. Isto supuxo conseguir reducir a cantidade de metal arredor dun terzo en comparación con camas semellantes. "Atopamos un poliéster resistente que tamén proporciona á cama un toque agradable, tanto para durmir como para pasar tempo coas amizades".
Fácil de montar
"O tecido está montado sobre a estrutura", explica Anna. "Ademais, para garantir que a montaxe fose sinxela para todos os proxenitores, convidamos a algunhas persoas a probalo". As probas levaron a que o equipo dividise o tecido en seccións e engadise máis flexibilidade ás bandas amarelas do bordo para que fosen máis sinxelas de poñer. "Encántame xogar aos detectives, buscar e investigar co que temos para chegar a novas alternativas", comenta Anna. "Non hai sensación mellor ca esa cando por fin atopas unha boa solución".
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.
Form design process
Menos material, máis confort
A idea subxacente ás camas altas e literais VITVAL é crear espazos cómodos para todos aqueles nenos e nenas que adoran andar cos seus teléfonos, tablets e xogar cos seus amigos e amigas. Tamén buscamos reducir o consumo de recursos e limitar a cantidade de metal que hai nas camas. Que como pretendemos cumprir con dous obxectivos distintos ao mesmo tempo? Pois a nosa solución pasou porque os bordos da cama fosen de tea de poliéster resistente, un material agradable e suave ao tacto que nos permitiu reducir 30% a cantidade de metal en cada cama.