Saltar

VITTSJÖ Estante, negro-marrón/vidro, 100x175 cm

79,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O deseño sinxelo e os estantes de vidro farán que os teus obxectos preferidos brillen de seu. Os paneis superiores e inferiores son de cor marrón escura por unha banda e negro pola outra. Elixe o estilo que mellor che veña.

Número de artigo202.133.12

Detalles do produto

O metal e o vidro temperado son materiais resistentes que aportan sensación de amplitude e lixeireza.

Un só módulo pode ser suficiente nun espazo limitado ou a base dunha gran solución se cambian as túas necesidades.

Patas regulables para que se manteña estable mesmo en chans desnivelados.

O andel interior ten un lado negro-marrón e outro negro, para que elixas o que máis che guste.

Deseñador

Johan Kroon

Número de artigo202.133.12

Información útil

Inclúe 3 andeis de vidro fixos.

O vidro temperado é entre 4 e 5 veces máis forte e resistente ás roturas có vidro normal. En caso de rotura, escachará en moitos cachos regulares para reducir o risco de lesión.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñentes principais:
NOTRANS, NOTRANS
Panel inferior/ Panel superior:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Andel fixo:
NOTRANS

Mantemento

Vidro

Limpar cun pano humedecido en auga o limpacristais.

Secar cun pano seco.

Estrutura

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Manipular con precaución! O vidro pode gretarse e romper bruscamente en pequenos anacos, debido a un bordo danado ou a unha rabuñadura. Evita os golpes nos laterais, onde o vidro é menos resistente.Debe fixarse á parede. Os distintos tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes. Véndense por separado.

Medicións

  • Ancho: 100 cm
  • fondo: 36 cm
  • Altura: 175 cm
  • Peso máximo/andel: 15 kg

Embalaxe

VITTSJÖ

Número de artigo202.133.12
  • Ancho: 39 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 202 cm
  • Peso: 27.56 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
365Opinións

Accesorios para VITTSJÖ

Material

Que é o aceiro?

O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

Creo que os obxectos favoritos da xente —e aqueles de os que senten orgullosos— deberían estar á vista nos seus fogares. Cando deseñei a serie VITTSJÖ, quería profundar un pouco máis nesa idea. Elixín materiais que realcen os libros, vasos e outros obxectos. As liñas rectas do metal confiren ao moble un aspecto esquemático e fan as veces de marco para eses obxectos. O vidro achega luz e lixeireza. Estou moi satisfeito co resultado, xa que VITTSJÖ combina moi ben co estilo de calquera habitación. E ten un prezo excelente!

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.