Saltar
Novidade

VINTERSAGA Galletas de xenxibre, 300 g

4,49€/0.3 kg

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Reúne familiares e amizades para gozardes xuntos das clásicas galletas de xenxibre suecas, unha tradición que se remonta á época medieval. Aquí traémoschas nun paquete inspirado no Nadal que casa moi ben con outros produtos de IKEA.

Número de artigo706.119.74

Detalles do produto

En decembro, en Suecia é tradición xuntarse na casa con amizades e familiares para xuntos tomar a "fika" de Nadal, galletas de xenxibre e un dos clásicos imperdibles do inverno.

As galletas de xenxibre VINTERSAGA son crocantes e presentan o sabor doce do xenxibre, a canela e o cravo. Perfectas para acompañar outros petiscos e bebidas típicas do Nadal.

O paquete é obra de Katie Kirk e presenta un deseño que combina con outros produtos de Nadal de IKEA que che permitirán crear un un conxunto a xogo.

Número de artigo706.119.74

Medicións

  • Peso neto: 300 g

Embalaxe

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
42Opinións

Funcionalidade

"Fikar" sempre en compañía durante o Nadal

Decembro é o mes de "fikar" na casa, coas amizades e familiares, para unha boa "fika" de Nadal: unha tradición sueca típica das vacacións de inverno. Con música de fondo e en compañía das galletas de xenxibre VINTERSAGA e dos característicos sabores do xenxibre, a canela e o cravo. Ocórreseche algo máis típico e apetecible? E se queres ir un chisco máis lonxe, podes acompañar todo isto con algún outro doce e as típicas bebidas de froita quentes.

Form design process

Crea o teu propio conto de fadas

O nome VINTERSAGA vén de dúas palabras suecas, "vinter", que significa inverno e "saga", que significa conto de fadas. A idea é celebrar os momentos de festa e crear o teu propio conto de fadas acompañado de bombóns, bebidas quentes de froitas e saborosos petiscos de xenxibre de distintas formas e ideais para esta época do ano.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Adoro o Nadal e adoro IKEA, por iso para min foi como un soño poder participar das coleccións VINTERFINT, STRÅLA e VINTERSAGA. O idioma do deseño é minimalista e xeométrico, inspirado no modernismo e na arte tradicional. Nos padróns xogo coa escala e con historias onde as figuras tornan parte dunha gran e colorida celebración de Nadal. Agardo que o meu deseño fagan que envolver agasallos, decorar e compartir petiscos sexa máis divertido, para que así celebres o Nadal con máis ganas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.