Saltar
Novidade

VINTERSAGA Bolsa de Papás Noeis de chocolate

4,99€/0.096 kg

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O Nadal e Papá Noel van da man. Esta bolsa con Papás Noeis de chocolate é ideal para regalar, a ti ou a quen queiras. Ten o tamaño perfecto para combinala con produtos da serie VINTERFINT e crear un calendario de advento.

Número de artigo206.181.38

Detalles do produto

Deléitate co sabor destes deliciosos doces de chocolate ou regálallos a quen ti máis queiras e comparte o espírito do Nadal.

Combina esta bolsa con produtos de Nadal VINTERFINT e crea o teu propio calendario de advento. Conta os días ata Noiteboa, doce a doce.

Cada bolsa inclúe 12 deliciosos Papás Noeis de chocolate con leite.

O cacao deste produto conta coa certificación Rainforest Alliace por seguir unhas prácticas de produción sostibles.

Número de artigo206.181.38

Seguridade e conformidade

Consulta a embalaxe para ver a listaxe completa de ingredientes e a información de alérxenos.

Medicións

  • Peso neto: 96 g

Embalaxe

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
5Opinións

Form design process

Crea o teu propio conto de fadas

O nome VINTERSAGA vén de dúas palabras suecas, "vinter", que significa inverno e "saga", que significa conto de fadas. A idea é celebrar os momentos de festa e crear o teu propio conto de fadas acompañado de bombóns, bebidas quentes de froitas e saborosos petiscos de xenxibre de distintas formas e ideais para esta época do ano.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Adoro o Nadal e adoro IKEA, por iso para min foi como un soño poder participar das coleccións VINTERFINT, STRÅLA e VINTERSAGA. O idioma do deseño é minimalista e xeométrico, inspirado no modernismo e na arte tradicional. Nos padróns xogo coa escala e con historias onde as figuras tornan parte dunha gran e colorida celebración de Nadal. Agardo que o meu deseño fagan que envolver agasallos, decorar e compartir petiscos sexa máis divertido, para que así celebres o Nadal con máis ganas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.