Saltar
Novidade

VINTERSAGA Barra chocolate con leite

1,99€/0.1 kg

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Unha gorentosa combinación de cremoso chocolate con leite e faragullas crocantes de xenxibre. Un agasallo estupendo cun acompañamento de tempada para celebrar ocasións especiais!

Número de artigo306.181.52

Detalles do produto

Cede á tentación con este cremoso chocolate con leite acompañado de migallas de xenxibre, que lle dan unha textura crocante e un toque especiado típico da estación do ano.

Unha maneira sinxela e deliciosa de celebrar momentos especiais en compañía de amizades e familiares.

O chocolate contén un 30 % de cacao como mínimo.

O envase en azul xeo, deseñado por Kattie Kirk, combina co deseño dalgún dos nosos produtos de Nadal VINTERFINT, para que poidas utilizalo para complementar a decoración festiva na casa.

Pódela combinar coa colección VINTERFINT para crear o agasallo perfecto.

O cacao deste produto conta coa certificación Rainforest Alliace por seguir unhas prácticas de produción sostibles.

Número de artigo306.181.52

Seguridade e conformidade

Consulta a embalaxe para ver a listaxe completa de ingredientes e a información de alérxenos.

Medicións

  • Peso neto: 100 g

Embalaxe

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
8Opinións

Funcionalidade

A amabilidade nunca sobra!

O Nadal é época de reunións, xenerosidade e bocadiños deliciosos. As tabletas de chocolate con leite e anaquiños de xenxibre VINTERSAGA teñen todo iso e máis. Grazas ao seu característico sabor natalicio e embalaxe azul xélido, deseñado para acompañar outros produtos VINTERFINT de Nadal, crear unha sensación festiva especial nunca foi tan sinxelo. Déixate levar pola tentación ou regálalle chocolate a outra persoa para demostrarlle o teu afecto. A fin de contas, a amabilidade nunca sobra!

Form design process

Crea o teu propio conto de fadas

O nome VINTERSAGA vén de dúas palabras suecas, "vinter", que significa inverno e "saga", que significa conto de fadas. A idea é celebrar os momentos de festa e crear o teu propio conto de fadas acompañado de bombóns, bebidas quentes de froitas e saborosos petiscos de xenxibre de distintas formas e ideais para esta época do ano.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Adoro o Nadal e adoro IKEA, por iso para min foi como un soño poder participar das coleccións VINTERFINT, STRÅLA e VINTERSAGA. O idioma do deseño é minimalista e xeométrico, inspirado no modernismo e na arte tradicional. Nos padróns xogo coa escala e con historias onde as figuras tornan parte dunha gran e colorida celebración de Nadal. Agardo que o meu deseño fagan que envolver agasallos, decorar e compartir petiscos sexa máis divertido, para que así celebres o Nadal con máis ganas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.