





A serie de almacenaxe ofrece un aspecto harmonioso que conecta as pezas de todas a casa. Esta cómoda tamén inclúe unha función de seguridade nova, "fixar e desatrancar", que reduce o risco de envorcadura.
Detalles do produto
As cómodas que inclúen desbloqueo por ancoraxe melloran a seguridade, sen ben non eliminan por completo o risco de envorcadura.
É necesario ancorar a cómoda á parede para abrir máis dun caixón ao mesmo tempo.
A función de seguridade desbloquéase ao ancorar a cómoda á parede, o que che permite abrir todos os caixóns ó mesmo tempo cando for necesario.
Grazas á súa intelixente construción, con tacos a presión inseridos en ocos pretradeados, é fácil de montar.
Se combinas 2 ou máis cómodas VIHALS, do mesmo ou de diferente tamaño, conseguirás un aspecto conxuntado, xa que os caixóns quedan aliñados.
Unha casa ten que ser un lugar seguro para toda a familia. Por iso a cómoda inclúe un xogo para amarrala á parede.
Ola Wihlborg
Medicións
- Ancho: 70 cm
- fondo: 47 cm
- Altura: 90 cm
- Ancho de caixón (int): 60 cm
- Fondo de caixón (int): 40 cm
- Capacidade de almacenaxe: 146 l
- Caixón extraíble: 25.7 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para VIHALS
Explora as túas opcións
Combina mobles e decoración de dormitorio para atopar o complemento perfecto para o teu fogar


IKEA asume o liderado para reducir os riscos por envorco
A seguridade é o piar sobre o que IKEA crea os seus produtos. No tocante ás nosas cómodas, isto implica que teñen que ofrecer un nivel mínimo de estabilidade. Mais ninguén pode predicir todos os escenarios que se poden dar nunha casa. Por iso, para reducir os riscos por envorcadura, creamos o sistema de ancoraxe e desbloqueo. O primeiro produto que o incorpora son as cómodas VIHALS.
Os accidentes ocorren cando menos o esperas. Poden acontecer cando alguén se sube a un caixón ou cando os máis pequenos da casa constrúen un forte de mantas. Por iso, a mellor maneira de evitar accidentes é ancorar a cómoda á parede. O que buscamos con este sistema é que os nosos clientes leven isto ben en conta, mentres utilizan as cómodas de maneira máis segura. "Implica que haxa que ancorar a cómoda á parede para poder abrir máis dun caixón ao mesmo tempo. Isto reduce significativamente o risco de envorco, sen eliminalo completamente, claro. Ao ancorar a cómoda á parede estamos a desbloquear os caixóns, o que nos permitirá abrilos todos de vez", di Björn Andreasson, do equipo de deseño.
Cara a unha maior seguridade
As cómodas VIHALS son o primeiro moble equipado co sistema de ancoraxe e desbloqueo. Durante o proceso, o equipo desenvolveu e probou varias solucións antes de darlle o visto e prace. O sistema de ancoraxe e desbloqueo é típico de IKEA en moitos sentidos, continúa Björn Andreasson. "Sempre nos axustamos ás esixencias en materia de seguridade que marca o mercado, mais non nos imos deter aquí. Agora queremos ir un paso máis alá. O día a día é imprevisible, por iso seguimos a deseñar produtos cos que facer das casas un lugar máis seguro".
Funcionalidade
Ancoraxe á parede para maior tranquilidade
A seguridade é un elemento fundamental nos nosos produtos. Pero ninguén pode predicir todas as situacións que se poden dar: caixóns utilizados a modo de soporte, ou nenos que utilizan o moble para crear un forte de mantas... E os accidentes ocorren cando menos o esperas. Así pois, a mellor maneira de reducir o risco de accidente por envorcadura é ancorar o produto á parede. A tranquilidade non ten prezo.