Saltar

VIDGA Soporte teito para 2 raís cortina, branco

3,99€
Completar con 2 carrís de vía única VIDGA, véndense por separado.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Os soportes de teito VIDGA de robusto aceiro ó carbono para cortinas de 2 capas permiten axustar o nivel de luz e privacidade. Móntanse con só 2 parafusos. Completa o conxunto con 2 carrís VIDGA. Véndense por separado.

Número de artigo205.860.76

Detalles do produto

As cortinas colgantes á altura do teito realzan a sensación de amplitude do espazo e transmiten unha expresión sofisticada. Se as túas cortinas son longas abondo tamén podes optar por deixalas caer sobre o chan.

As cortinas de teito evitan que o aire quente/frío entre/saia pola xanela e axudan a manter unha temperatura interior constante.

Unha cortina de 2 capas permite axustar a cantidade de luz que entra na estancia e mellora a privacidade. Crea unha aparencia elegante e pulida que enche os espazos.

Os soportes foron deseñados para crear un espazo óptimo entre os 2 carrís para garantir que as cortinas se deslizan suavemente.

Produto feito de robusto aceiro ó carbono con capacidade para ata 10 quilos.

Os soportes de 1,2 mm de grosor van instalados preto do teito e apenas son visibles.

Superficie con revestimento en po resistente ás rabuñaduras.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo205.860.76

Información útil

Inclúe: 2 soportes de teito, 4 parafusos, 4 porcas e 2 tampas de plástico.

Ao instalar soportes de teito/accesorios, deixa unha marxe coa parede para poder abrir/pechar a cortina sen o problema que representaría un peitoril que sobresae, un radiador ou a asa dunha fiestra.

Nas tendas IKEA, os artigos desta solución véndense por separado. É posible que algúns artigos inclúan máis dun compoñente en cada paquete.

Completar con 2 carrís de vía única VIDGA, véndense por separado.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Ferraxe de teito:
NOTRANS, NOTRANS
Tapa:
NOTRANS
Parafuso/ Parafuso:
NOTRANS, NOTRANS

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

VIDGA Soporte teito para 2 raís cortina, branco
VIDGA Soporte teito para 2 raís cortina205.860.76VIDGA Soporte teito para 2 raís cortina205.860.76

Medicións

Embalaxe

VIDGA

Número de artigo205.860.76
  • Ancho: 5 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 11 cm
  • Peso: 0.09 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

2.8Valoración media
17Opinións

Funcionalidade

Necesites o que necesitares, o sistema VIDGA adáptase a ti

O sistema VIDGA permíteche usar as cortinas como máis che preste: para tapar unha xanela, para dividir estancias ou para crear portas corredizas de tea. Podes instalar a solución do teito ou da parede. No tocante ás solucións de parede, podes escoller soportes de dúas lonxitudes distintas, a que mellor se adapte a ti. Podes ampliar o sistema modular VIDGA á lonxitude que queiras e inclúe tamén pezas para instalalo nos recantos.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

“A miúdo, cando instalo raís para as cortinas, penso en como se podería facilitar o proceso. Así pois, cando tiven a oportunidade de crear o sistema de raís para cortinas VIDGA, sabía o que quería facer. Este novo sistema tiña que ser bonito e fácil de montar con poucas ferramentas. Estou moi satisfeito co resultado. Estou seguro de que a ti tamén che vai gustar cando vexas colgadas as túas cortinas".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.