Con esta faixa de iluminación LED podes desatar a túa creatividade e colocala onde queiras no teu fogar: enriba dos armarios, xunto ao televisor ou debaixo do sofá. As posibilidades son infinitas!
Detalles do produto
A luz desta faixa de iluminación LED crea unha atmosfera acolledora alá onde a coloques.
A tira de iluminación LED pódese dobrar, polo que a podes fixar facilmente á parte posterior do televisor ou dunha libraría.
Se non queres usar toda a lonxitude, podes recoller o cable sobrante cos clips para cables e o peche con velcro.
Podes acurtar facilmente a tira de iluminación cortándoa polos sitios onde aparece un pequeno símbolo dunhas tesoiras.
É fácil de instalar. Abonda con quitar o papel da fita adhesiva e colocar a faixa de iluminación onde queiras.
A faixa de iluminación ten tres modos diferentes que podes cambiar facilmente co botón.
Preme o botón unha vez para ter unha luz que cambia de cor de forma automática. Se non queres que a luz cambie de cor, prémeo outra vez cando a luz estea da cor que prefiras.
Se premes o botón tres veces, obterás unha luz suave e tenue que cambia de cor.
A faixa de iluminación inclúe un driver que podes conectar a unha toma de luz.
IKEA of Sweden
Medicións
- lonxitude do cable: 3.5 m
- lonxitude: 3 m
- efecto: 3.7 W