Xusto cando pensabas que quedaras sen sitio nos armarios, chega este accesorio ao rescate. Emprega un ou varios e obterás máis espazo de almacenaxe ao instante.
Detalles do produto
Pódese colocar nunha balda para ter máis espazo para gardar vasos, cuncos ou botes de especias.
Permite unha visión xeral do contido do armario, con todo accesíbel.
Inclúe parafusos para que poidas unir dous ou máis estantes adicionais VARIERA.
Se quixeres ter as túas cousas á man e á vista, coloca o accesorio menos profundo enriba do máis profundo.
Pódese utilizar en cociñas novas ou en uso para obter máis espazo de almacenaxe.
IKEA of Sweden
Medicións
- Ancho: 32 cm
- fondo: 13 cm
- Altura: 16 cm
Opinións dos clientes

Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.
Funcionalidade
A canela? Sobe as escaleiras
En moitos armarios desaproveitamos espazo, por exemplo se teñen baldas fixas. Por iso deseñamos VARIERA, estantes en 2 alturas que mesmo se poden unir. Para copas, especias, conservas e todo aquilo que buscabas e que nunca atopabas.