Como conseguilo
A combinación de laranxa e flor do sabugueiro crea un sabor fresco, doce e lixeiramente acedo. Esta confeitura de laranxa e flor do sabugueiro converte as torradas, gofres, purés e iogures nunha verdadeira delicadeza!
Detalles do produto
"Fläder" é o nome sueco do sabugueiro, unhas flores de ton tirando cara ao amarelo que florecen arredor do San Xoán na maior parte de Suecia.
En Suecia utilizan o sabugueiro para facer confeituras e xarope. Aquí, mesturamos a flor do sabugueiro con laranxa e pel de laranxa para crear unha confeitura ideal para o verán, doce e refrescante.
Confeitura para acompañar as túas torradas, ideal para almorzos de verán ou aperitivos entre comidas.
Medicións
- Peso neto: 425 g
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Laranxa e sabugueiro... boísimo!
O arbusto do sabugueiro medra ata os 7 metros de alto, cunhas flores brancas e intensas, moi perfumadas, e cunhas bagas escuras de zume sanguinolento. En Sueca, o froito do sabugueiro adoita utilizarse para preparar xarope ou compotas. Así son os nosos untables VGGSÅNG de flor de sabugueiro e compota de laranxa, onde a a laranxa e a pel de laranxa se mesturan con flores de sabugueiro para dar como resultado un acompañamento fresco e doce. Perfectos para o almorzo ou como aperitivo a calquera hora.