UPPSTÅ Vasos amontoables, multicolor
Como conseguilo
Encastela, clasifica, constrúe... e tírao todo abaixo! Cando os cativos comezan a explorar e descubrir as cousas pola súa conta, descobren moitas cousas novas.
Detalles do produto
As posibilidades de xogo son infinitas con estes vasos encastelables: constrúe, desmonta, reconstrúe ou verte auga.
Desenvolve as habilidades motrices e o pensamento lóxico.
A serie UPPSTÅ creouse para axudar ao teu fillo a aprender e descubrir, e ofrece diferentes figuras do bosque inspiradas nas nosas raíces escandinavas.
A esta idade, os nenos descobren todos os seus sentidos. As estruturas, os sons e as diferentes cores e debuxos melloran a súa experiencia á hora de xogar.
K Hagberg/M Hagberg
Medicións
- Altura: 34 cm
- diámetro do pé: 8 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.


Xoguetes: divertidos e necesarios
As crianzas pequenas son expertas en aprender ao tempo que se divirten. Ao xogar adestran as súas habilidades motoras e a coordinación, melloran o pensamento lóxico e desenvolven unha morea de habilidades novas. UPPSTÅ é unha serie de xoguetes especialmente creada para eses primeiros momentos de diversión nos que apertar e tirar son o que máis abunda.
Ao tirar da corda, o ourizo ponse a camiñar e do seu redondiño ventre sae como un son. "Cando deixa de tirar da corda, o ourizo detense e iso para a crianza é unha confirmación, porque dese xeito entende que pode crear son pola súa conta", explica o deseñador Henrik Johansson.
Explorar a través do xogo
Henrik leva 20 anos deseñando xoguetes, un cometido que toma moi en serio. "Para unha crianza, xogar é como descubrir o que a rodea. Para os adultos, o primordial adoita ser facer as cousas ben, poñer todo no seu sitio, mais para as crianzas o resultado non sempre é o máis importante, senón descubrir como colocar os bloques dun edificio de pezas, por exemplo". O xoguete para golpear bloques é un dos máis clásicos. "Para as crianzas é divertido, en primeiro lugar porque lles gusta dar golpes nas columnas, e porque tamén lles gusta ver que acontece cando fan máis forza. Ademais, é un xoguete ideal para melloraren a coordinación man-ollos".
Xoguetes duradeiros
Xogar é unha actividade boa para moitas cousas: para as habilidades motoras, o pensamento lóxico e tamén para desenvolver a imaxinación. Cos seus caracteres e ilustracións, a serie UPPSTÅ é coma un conto sobre un bosque no que se suceden unha infinidade de historias. "Queremos que as sesións de xogo sexan abertas, diversas e duradeiras. Os xoguetes UPPSTÅ están feitos de materiais e cores resistentes para que estean convosco durante moitos anos". Deste xeito, é posible que nun par de anos sexa unha irmá pequena a que se divirta amoreando aneis ou dando os seus primeiros pasos co andador.
Funcionalidade
Xoguetes para os máis pequenos
Non todos os cativos comezan a camiñar á mesma idade. Independentemente diso, un andador é o mellor aliado durante os seus primeiros pasos, cando as pernas aínda non responden correctamente. Con dous anos, moitos cativos xa comezan a correr, a subirse ás cousas, a xogar ás agochadas, a rolar polo chan e a tirar os xoguetes por aí. E é que xogar axuda a mellorar as súas capacidades motoras, o pensamento lóxico e a imaxinación de diferentes maneiras. Os nosos xoguetes non conteñen tóxicos e pasaron por probas minuciosas para garantir que o teu fillo pode xogar con eles con total tranquilidade.