Saltar

UPPSTÅ Pirámide de aneis, multicolor

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O teu fillo pode encastelar aros no pau flexible mentres aprende as cores e as formas. Deixa que o teu fillo experimente e o intente cantas veces queira.

Número de artigo005.138.92

Detalles do produto

Tenta amontoar os aneis do máis grande ao máis pequeno ou viceversa. Xogar é divertido e quen di que é o máis correcto?

Desenvolve as habilidades motrices e o pensamento lóxico.

A serie UPPSTÅ creouse para axudar ao teu fillo a aprender e descubrir, e ofrece diferentes figuras do bosque inspiradas nas nosas raíces escandinavas.

A esta idade, os nenos descobren todos os seus sentidos. As estruturas, os sons e as diferentes cores e debuxos melloran a súa experiencia á hora de xogar.

Deseñador

H Johansson/S Edholm/L Ullenius

Número de artigo005.138.92

Información útil

Inclúe: 1 base de madeira con columna branda, 6 aneis e unha agarradoira con forma de cabeza de raposo.

Cada parte está coidadosamente probada, é resistente a caídas, golpes e mesmo dentadas.

Combina con outros produtos das series UPPSTÄ e BRUMMIG.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñente(s) de madeira:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Cabeza:
NOTRANS, NOTRANS
Compoñente de goma:
NOTRANS

Mantemento

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 12 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • Altura: 17 cm
  • diámetro do pé: 12 cm

Embalaxe

UPPSTÅ

Número de artigo005.138.92
  • Ancho: 12 cm
  • Alto: 12 cm
  • Longo: 18 cm
  • Peso: 0.56 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
105Opinións
Berce de bebé con osos de peluche, xoguete de apilamento colorido e alfombra de puntos. Obra de arte na parede.

Xoguetes: divertidos e necesarios

As crianzas pequenas son expertas en aprender ao tempo que se divirten. Ao xogar adestran as súas habilidades motoras e a coordinación, melloran o pensamento lóxico e desenvolven unha morea de habilidades novas. UPPSTÅ é unha serie de xoguetes especialmente creada para eses primeiros momentos de diversión nos que apertar e tirar son o que máis abunda.

Ao tirar da corda, o ourizo ponse a camiñar e do seu redondiño ventre sae como un son. "Cando deixa de tirar da corda, o ourizo detense e iso para a crianza é unha confirmación, porque dese xeito entende que pode crear son pola súa conta", explica o deseñador Henrik Johansson.

Explorar a través do xogo

Henrik leva 20 anos deseñando xoguetes, un cometido que toma moi en serio. "Para unha crianza, xogar é como descubrir o que a rodea. Para os adultos, o primordial adoita ser facer as cousas ben, poñer todo no seu sitio, mais para as crianzas o resultado non sempre é o máis importante, senón descubrir como colocar os bloques dun edificio de pezas, por exemplo". O xoguete para golpear bloques é un dos máis clásicos. "Para as crianzas é divertido, en primeiro lugar porque lles gusta dar golpes nas columnas, e porque tamén lles gusta ver que acontece cando fan máis forza. Ademais, é un xoguete ideal para melloraren a coordinación man-ollos".

Xoguetes duradeiros

Xogar é unha actividade boa para moitas cousas: para as habilidades motoras, o pensamento lóxico e tamén para desenvolver a imaxinación. Cos seus caracteres e ilustracións, a serie UPPSTÅ é coma un conto sobre un bosque no que se suceden unha infinidade de historias. "Queremos que as sesións de xogo sexan abertas, diversas e duradeiras. Os xoguetes UPPSTÅ están feitos de materiais e cores resistentes para que estean convosco durante moitos anos". Deste xeito, é posible que nun par de anos sexa unha irmá pequena a que se divirta amoreando aneis ou dando os seus primeiros pasos co andador.

Máis información

Material

Que é a madeira maciza?

A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.

Funcionalidade

Xoguetes para os máis pequenos

Non todos os cativos comezan a camiñar á mesma idade. Independentemente diso, un andador é o mellor aliado durante os seus primeiros pasos, cando as pernas aínda non responden correctamente. Con dous anos, moitos cativos xa comezan a correr, a subirse ás cousas, a xogar ás agochadas, a rolar polo chan e a tirar os xoguetes por aí. E é que xogar axuda a mellorar as súas capacidades motoras, o pensamento lóxico e a imaxinación de diferentes maneiras. Os nosos xoguetes non conteñen tóxicos e pasaron por probas minuciosas para garantir que o teu fillo pode xogar con eles con total tranquilidade.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Para nós, non hai nada mellor que estar nun bosque: hai tanta inspiración na sala de estar dos animais. Todos dependemos tamén del, así que debemos mostrar respecto. Por iso decidimos crear un bosque para nenos con esta mensaxe. Un colorido mundo de fantasía onde todos os animais quérense e xogan xuntos. Esperamos que aos nenos gústenlles as figuras, xoguen con elas e durman preto delas. Quizá tamén esperten curiosidade e interese polo futuro dos nosos bosques?".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.