Saltar

UPPDATERA Separador para caixón, 80 cm

10,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Este organizador resulta moi práctico para ter en orde o interior dos caixóns e impedir que as pezas da cristalería e a vaixela se movan e choquen entre si. Pódese axustar ao tamaño do contido.

Número de artigo904.599.99

Detalles do produto

A altura pódese regular para adaptalo a un caixón de tamaño medio e alto.

Estes divisores regulables permítenche adaptar a almacenaxe ás túas necesidades e son perfectos para ter os botes de comida e as tapas ordenados.

Permíteche ter a comida ou outros obxectos á vista e á man nun caixón aberto.

Deseñador

S Fager/F Cayouette

Número de artigo904.599.99

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Divisor intermedio:
NOTRANS
Gancho:
NOTRANS, Elastómero termoplástico
Listón:
NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Montaxe e documentos

Medicións

  • Ancho: 75 cm
  • anchura estrutura: 80 cm
  • altura mínima: 12.6 cm
  • altura máxima: 19.4 cm
  • grosor: 2.4 cm

Embalaxe

UPPDATERA

Número de artigo904.599.99
  • Ancho: 12 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 77 cm
  • Peso: 0.56 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.1Valoración media
32Opinións

Dálles amor aos caixóns da cociña

Se a cociña é o corazón do fogar, os seus armarios e caixóns son o corazón da cociña. Creamos os organizadores de interiores UPPDATERA para que sexa máis doado manter os caixóns ordenados e poder atopar o que buscas. Así terás á man os utensilios de cociña sen os que non podes vivir cando bates unha salsa ou probas a sopa, aínda que non teñas unha cociña IKEA.

Cando é posible acceder facilmente a todo nos armarios e caixóns, podes centrarte nas cousas divertidas da cociña, como cociñar, enfornar e pór a mesa. Ou simplemente quitar a cea de enriba porque tes outras cousas que facer.

Máis flexibilidade no interior

En IKEA levamos moito tempo ofrecendo bandexas para cubertos e coitelos e outros interiores de cociña dentro da nosa gama, pero as entrevistas cos nosos clientes deixáronnos claro que tiñamos que actualizalas. Manuel Courela, que participou no desenvolvemento da serie UPPDATERA, di que seica os interiores da cociña poden non ser flexibles dabondo cando as persoas teñen novas necesidades. "Cada día é distinto na cociña, igual que na vida mesma. Se coñeces alguén ou se a familia medra, empezas a cociñar máis ou comezas unha nova dieta, polo que é práctico que os interiores da cociña se poidan adaptar facilmente ás novas aventuras vitais". Manuel móstranos como se pode mover e utilizar o portacubertos de diferentes maneiras. "Levántalo e polo directamente na mesa á hora de xantar. Ou podes usalo para pór nel os botes de aceite e de vinagre".

Adapta á túa propia cociña

A idea da serie UPPDATERA é facer que os organizadores de interiores sexan máis flexibles. A bandexa adicional de plástico é un bo exemplo. Colócaa xunto a unha bandexa para cubertos ou utensilios para conseguir un axuste perfecto e utiliza mellor os caixóns da cociña, independentemente do seu tamaño. "Non todo o mundo ten unha cociña IKEA, pero calquera pode ter as funcións de IKEA nos interiores da súa cociña. Agardamos que os diferentes produtos da serie UPPDATERA supoñan un cambio importante sen ter que facer un gran investimento".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.