Saltar

TVÄTTAD Lavadora integrada, branco

649€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 5 ano de garantía

Esta espazosa lavadora pesa a cantidade de roupa que metes e calcula a cantidade de auga e a duración do lavado. Funcións como o programa de vapor permítenche adaptar o lavado ás túas exixencias.

Número de artigo205.788.11

Detalles do produto

5 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

Esta espazosa lavadora pesa a cantidade de roupa que metes e calcula a cantidade de auga e a duración do lavado para aforrares enerxía e gastos.

A función vapor refresca a coada rápida e delicadamente e elimina as engurras.

Grazas ao seu deseño especial, o tambor lava a roupa con delicadeza e sen deformala, logrando así un resultado óptimo.

A función de inicio diferido permíteche atrasar a posta en marcha ata 20 horas para que poidas lavar cando as tarifas eléctricas sexan máis económicas.

Completamente integrado, camúflase tralas portas dun armario de cociña, para crear unha expresión uniforme.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo205.788.11

Información útil

Ten varios programas de lavado, por exemplo:

Eco.

Algodóns.

Sintéticos.

Pezas delicadas.

Vapor.

Tecido vaqueiro.

La.

Roupa deportiva.

Capacidade de lavado: 8 kg.

Función de redución do centrifugado; podes escoller entre 800, 1200 ou 1400 rpm.

Sistema antiescuma; no caso de cargares un exceso de deterxente, a lavadora axústao automaticamente e aumenta os ciclos de aclarado.

Dispositivo de regulación que evita potenciais problemas que poderían provocar un desbordamento e desconecta automaticamente a entrada de auga na máquina.

Sistema de control de equilibrado: no caso de repartición desigual redistribúe a carga no tambor e optimiza a velocidade do centrifugado.

Este modelo deseñouse para instalalo embutido.

Encontrarás información completa sobre a instalación, programas e uso deste produto na pestana Instrucións de montaxe e documentos.

Inclúe bisagras para montar unha porta de armario diante do lavalouzas.

O texto inscrito á carón do botón de selección de programas está en inglés. Inclúense catro etiquetas adhesivas en italiano, alemán, francés e español.

Inclúe 4 pés regulábeis.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Lavadora e secadora

Limpa as partes exteriores e o panel de control cun pano humedecido.

Encontrarás información sobre o coidado deste produto debaixo da etiqueta Instrucións e documentos de montaxe.

Retira as manchas e residuos do interior da lavadora cun pano humedecido en auga e un chisco de vinagre.

Non utilices produtos disolventes ou abrasivos para limpar a lavadora.

Seguridade e conformidade

Este produto contén a marca de conformidade de Serbia.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

TVÄTTAD Lavadora integrada205.788.11

Información técnica

TVÄTTAD

Lavadora integrada, branco

Número de artigo205.788.11
Nome de marcaIKEA
Referencia de modeloTVÄTTAD 20578811
Clase de eficiencia enerxéticaD
Consumo ponderado de enerxía73 kWh/100 ciclos
Consumo de auga ponderado por ciclo42 L
Capacidade nominal do programa 40-60 eco8 kg
Duración do programa 40-60 eco a capacidade nominal3:25
Clase de eficiencia de centrifugadoB
Velocidade máxima de centrifugación1351 rpm
Emisións de ruído72 dB

Medicións

  • Ancho: 59.6 cm
  • fondo: 54.0 cm
  • Altura: 81.9 cm
  • Altura máx. de instalación: 88 cm
  • Altura mín. de instalación: 83.8 cm
  • lonxitude do cable: 150 cm
  • peso: 68.50 kg

Embalaxe

TVÄTTAD

Número de artigo205.788.11
  • Ancho: 64 cm
  • Alto: 64 cm
  • Longo: 90 cm
  • Peso: 74.05 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
5Opinións

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.