Saltar

TUFJORD Estrutura cama tapizada

619€
O colchón e a roupa de cama véndense á parte.
Moderna cama gris TUFJORD con cabeceira curva e patas metálicas.
Cama azul TUFJORD: cabeceira curva, tecido tapizado, patas metálicas.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

TUFJORD fará que suspires por ir á cama. As envolventes curvas da cabeceira facilitan o descanso e farán que as mañás preguizosas na cama sexan aínda máis cómodas. Ademais, a suave tapizaría texturizada aumenta a sensación de comodidade.

Número de artigo595.553.33

Detalles do produto

A cabeceira curvada é ideal para os momentos íntimos e envolventes de sosego na cama.

A cabeceira permite apoiarse contra ela comodamente, ideal para as mañás preguizosas na cama tomando un café e lendo.

A tapizaría queda perfecta arredor da cama, polo que é un pracer mirala desde calquera ángulo e pódese colocar no centro dun cuarto.

As patas de metal con forma son sólidas e estables, e dan carácter á cama.

Debaixo da cama hai moito espazo para colocar caixas nas que gardar edredóns e almofadas, por exemplo.

Resulta moi doado pasar a aspiradora por debaixo da cama.

Ao ter os laterais da cama regulables, pódense utilizar colchóns de diversos grosores.

O somier LÖNSET con láminas curvas e zonas de confort permíteche manter a columna aliñada. Pola súa parte, a estrutura aberta permite o aire circular e mantén o frescor do colchón.

Tallmyra é unha funda resistente de chenilla confeccionada 100% con algodón e poliéster reciclados que presenta unha superficie suave e lixeiramente brillante.

Número de artigo595.553.33

Información útil

O colchón e a roupa de cama véndense á parte.

Traveseiro da cama incluído.

O somier de taboíñas LÖNSET está incluído no prezo, pero empaquétase á aparte.

É posible que haxa marcas de prensa no tapizado ao retirar a armazón do paquete. Pódense eliminar cun vaporizador ou fretando lixeiramente o tecido cun pano humedecido.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Seguridade e conformidade

Esta estrutura de cama foi probada e cumpre cos requisitos de seguridade, solidez e estabilidade establecidos na norma EN1725.

Medicións

  • Altura pés: 38 cm
  • Altura cabezal: 109 cm
  • lonxitude: 223 cm
  • Longo do colchón: 200 cm
  • Anchura do colchón: 140 cm
  • Altura libre baixo a cama: 20 cm

Embalaxe

Este produto ven en 5 paquete(s).

TUFJORD

Número de artigo805.724.96
Este produto ten varios vultos
  • Ancho: 47 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 217 cm
  • Peso: 21.80 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 42 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 217 cm
  • Peso: 14.10 kg
  • Paquete(s): 1
  • Ancho: 91 cm
  • Alto: 28 cm
  • Longo: 110 cm
  • Peso: 24.54 kg
  • Paquete(s): 1

LÖNSET

Número de artigo702.787.06
  • Ancho: 16 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 202 cm
  • Peso: 9.20 kg
  • Paquete(s): 2

Opinións dos clientes

4.4Valoración media
30Opinións

Accesorios para TUFJORD

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando deseñei TUFJORD quería maximizar a comodidade e a suavidade para crear unha sensación envolvente na cama. A cabeceira curva crea un espazo pechado no que acuruxarse, perfecto para ler ou relaxarse despois dun día longo. As patas de metal e a tapizaría, suave e fermosa, transmiten unha sensación única. Agardo que TUFJORD sexa o teu lugar favorito da casa e que che alegre aínda máis os momentos do día e da noite".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.