


Como conseguilo
A serie TONSTAD reúne un deseño clásico con chapa de carballo mate cepillada, cuxo resultado son obxectos cunha personalidade única. Esta mesa de comedor é extensible, polo que pode pasar de 2 a 4 prazas nun chiscar de ollos.
Detalles do produto
Esta mesa con capacidade para 2-4 persoas en chapa de carballo mate cepillada e recantos suaves e arredondados será parte do teu recuncho favorito da casa.
Construción estable con patas de madeira robustas e auténtica superficie de chapa de madeira pintada e lacada en capas. Un obxecto que resistirá o paso do tempo e que vos acompañará durante moitos anos.
Esta mesa de 2 prazas pódese ampliar facilmente despregando unha aba para convertela nunha mesa de 4 prazas.
Coa aba de extensión poderás ampliar o tamaño da mesa e sen ocupar máis espazo, xa que a podes gardar debaixo do taboleiro cando non a necesites.
As patas quedan sempre nas esquinas da mesa, aínda cando está estendida, de modo que o espazo de debaixo se pode aproveitar mellor para poñer cadeiras.
Cada mesa é única, cunha veta diferente e cambios no ton que forman parte do encanto natural da madeira.
A compañeira ideal das cadeiras TONSTAD. As cadeiras GRÖNSTA e TOSSBERG presentan un estilo distinto co que tamén casa moi ben.
Os mobles da serie TONSTAD casan moi ben entre eles. Podes utilizar cada un de maneira independente ou combinalos para crear unha solución ao teu gusto.
Ola Wihlborg
Medicións
- Altura: 75 cm
- lonxitude: 80 cm
- Lonxitude máxima: 120 cm
- Ancho: 70 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para TONSTAD
Calidade
Chapa de carballo cepillada con madeira auténtica
A chapa de madeira auténtica é unha lámina de madeira fina que se pega sobre unha superficie. Esta técnica leva séculos sendo utilizada para fabricar mobles requintados sen ter que utilizar madeira maciza. Ao cepillar a chapa a textura da madeira e a expresión natural vense reforzadas.
Funcionalidade
Encanto clásico e prestacións modernas
A serie TONSTAD presenta mesas atemporais de comedor en chapa de carballo branco óso ou cepillada, con elementos suavemente arredondados que lle confiren elegancia e calidez. Os deseños fixos e extensibles permitiranche preparar unha mesa para 2 persoas ou para toda a familia. Prolonga as sobremesas un chisco máis grazas ás cadeiras con asento acolchado, ou coas cadeiras totalmente tapizadas con fundas que podes mercar por separado para cambiarlles o aspecto. Todas as fundas son lavables. As solucións de almacenaxe TONSTAD unen esforzos para darlle un toque conxuntado a toda a casa.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Coa serie de comedores TONSTAD mantemos os mesmos materiais de alta calidade que no resto da serie. As mesas presentan un deseño estable e amplo e as cadeiras son tan cómodas que poderás pasar horas e horas nelas sen ningún problema. A atención aos detalles é fundamental, con recantos arredondados e chapa de madeira dobrada con precisión. O carballo cepillado reforza a presenza da madeira e os acabados mate danlle un encanto natural. Agardo que vos resulte de utilidade e que apreciedes o seu deseño de calidade".