Esta funda resistente presenta unha textura intensa en diferentes tonalidades que dá como resultado un padrón elegante. A funda é extraíble e pódela lavar á máquina, para que así poidas utilizar a cadeira TONSTAD sen medo a manchala.
Detalles do produto
Esta funda está feita de Fridtuna, un tecido robusto de algodón e poliéster cunha textura profunda tecida en distintas tonalidades.
O vivo da funda dálle un toque refinado e reforza os bordos para maior resistencia.
A funda é extraíble e fácil de limpar.
A funda da cadeira vén nunha peza e podes fixala cos fechos de velcro, grazas ós cales poderás quitala e poñela facilmente tantas veces como quixeres.
Ola Wihlborg
Información útil
Funda extraíble e lavable.
Só para uso en interiores.
Esta é unha funda adicional para cadeiras TONSTAD. A cadeira véndese por separado.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea/ Tea:
- NOTRANS, 22 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Fío:
- NOTRANS
- Velcro:
- NOTRANS
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Limpeza en seco profesional con tetracloroeteno e hidrocarbonos nun tratamento normal.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Medicións
Embalaxe
TONSTAD
Número de artigo806.035.77- Ancho: 17 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 25 cm
- Peso: 0.33 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Encanto clásico e prestacións modernas
A serie TONSTAD presenta mesas atemporais de comedor en chapa de carballo branco óso ou cepillada, con elementos suavemente arredondados que lle confiren elegancia e calidez. Os deseños fixos e extensibles permitiranche preparar unha mesa para 2 persoas ou para toda a familia. Reláxate nun asento acolchado ou escolle un totalmente tapizado con fundas que se mercan por separado para renovalo facilmente. Todas as fundas son lavables e poden limparse cun pano. As solucións de almacenaxe TONSTAD unen esforzos para darlle un toque conxuntado a toda a casa.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Coa serie de comedores TONSTAD mantemos os mesmos materiais de alta calidade que no resto da serie. As mesas presentan un deseño estable e amplo e as cadeiras son tan cómodas que poderás pasar horas e horas nelas sen ningún problema. A atención aos detalles é fundamental, con recantos arredondados e chapa de madeira dobrada con precisión. O carballo cepillado reforza a presenza da madeira e os acabados mate danlle un encanto natural. Agardo que vos resulte de utilidade e que apreciedes o seu deseño de calidade".




