O deseño clásico combina coa chapa cepillada da serie TONSTAD para ofrecerche un moble con personalidade única. Este versátil escritorio de carballo é todo o que necesitas para os teus traballos manuais ou para compartir unha comida.
Detalles do produto
A superficie é de chapa resistente, duradeira e doada de limpar.
Un caixón é ideal para gardar distintas cousas que queiras ter sempre á man.
O caixón inclúe un dispositivo para pechar con coidado e sen facer ruído.
Os mobles da serie TONSTAD casan moi ben entre eles. Podes utilizar cada unidade de maneira independente ou combinalas para crear unha solución persoal.
Ola Wihlborg
Medicións
- Peso máximo: 50 kg
- Peso máximo/caixón: 2 kg
- Ancho: 140 cm
- fondo: 75 cm
- Altura: 75 cm
- Altura: espazo libre baixo o moble: 64 cm
- Ancho de caixón (int): 66 cm
- Fondo de caixón (int): 35 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para TONSTAD
Explora as túas opcións
Combina mobles e decoración de dormitorio para atopar o complemento perfecto para o teu fogar.

A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A idea cando deseñamos TONSTAD era crear unha serie de cunhas proporcións equilibradas e unha personalidade clásica e atemporal. Os mobles son amplos, moi funcionais e pódense utilizar por separado ou combinados en conxuntos máis grandes. Traballamos con chapa e madeira maciza, que adquire unha fermosa patina co tempo e moi agradable ao tacto. Esperamos que con isto sexan moitas as persoas que se animen a crear as súas propias solucións e poidan experimentar a calidade dos materiais e deleitarse co seu deseño".